!!O PP cos Veciños do Outón!!

2 comentarios

O PARTIDO POPULAR SONENSE APOIA ÓS VECIÑOS DE XUÑO NA ELIMINACIÓN DAS SINAIS DE PROHIBICIÓN NO CRUCE DO OUTÓN.

*UN GRUPO DE VECIÑOS DO LUGAR SOLICITOU O APOIO O PORTAVOZ MANUEL TOMÉ.

*A INSTALACIÓN DAS SINAIS DE PROHIBICIÓN FOI EXCLUSIVAMENTE UNHA DECISIÓN DO GOBERNO BIPARTITO MUNICIPAL.

*OS POPULARES ACUSAN Ó REXEDOR POLO ABUSO DE PODER PARA PRESUNTOS INTERESES PERSONALISTAS.

Porto do Son, 27 de Decembro de 2010


O Partido Popular Sonense a través do seu Portavoz Municipal, Manuel Tomé Piñeiro, acusou de “utilizar o posto de Rexedor para presuntos intereses personalistas”.

Hai que lembrar que dita polémica ven derivado pola nova actuación do Proxecto de Seguridade Vial que a Xunta de Galicia plantexa co fin de eliminar un Punto Negro que se situa na zona de Outón, parroquia de Xuño.

Logo da polémica e demagoxia que o Goberno Bipartito do PSOE e BNG, realizou sobre dita obra anunciando a expropiación e derribo de muros e galpóns no ámbito de afección, e igualmente de demolicións de anteriores obras realizada durante o Goberno Municipal do PP Sonense, fixo que, a día de hoxe todas esas mentiras e malintencións por parte do Bipartito Sonense, quedaron demostradas que todo eran falsedades coma indicaron os Técnicos da Administración Autonómica ós propietarios afectados.

O máis indignante e irrespetuoso cos veciños do lugar do Outón, foi que o Rexedor Municipal, Pastor Rodriguez, ordease instalar no Cruce indicado, dúas sinais de prohibición de paso a dito lugar dende o Vial Autonómico, provocando a indignación e malestar dos veciños usuarios que en ámbolos dous sentidos sempre a utilizaron.

A recollida de sinaturas o igual que amosar públicamente o rexeitamento ás falsedades das respostas dadas polo Rexedor e a Tenente Alcalde, fixeron que o malestar fose crecendo paulatinamente plantexandose a constitución dunha Plataforma o igual que implicar a outras Administracións afectadas directa ou indirectamente no tema.

Dende o PP, temos claro que a solicitude realizada polos veciños atendendo a unha interese xeral de tódolos usuarios de dito vial, fan que consideremos e anunciemos a nosa implicación no apoio das demandas que lexitimamente reclaman.

Temos claro que este Goberno do PSOE e BNG, prioriza intereses particulares sobre os intereses xerais, máxime que un Rexedor debería ser o primeiro en dar exemplo e pedir a opinión dos veciños afectados respecto da imposición aproveitando o Sillón para facer presuntas imposicións que os veciños en ningún intre tiveron capacidade de opinión ou suxerencia.


SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON