A Realidade Económica do Governo Popular

0 comentarios
O Partido Popular de Porto do Son,vese na obriga de facer unhas declaracións ós medios para atallar a retaíla de mentiras que sen ningún tipo de recato lanzou o actual Alcalde a pasada semana.
É ben triste comprobar que Xoán Pastor é un fiel alumno do seu predecesor Quintáns, pois o tipo de política que fai caracterízase polo emprego das mesmas artimañas que o seu mestre: as mentiras e a tergiversación dos datos.

Coma ex-concelleira de Facenda vou aportar datos de primeira man no tocante a temas económicos, por iso, fartos de ler en distintos medios as constantes mentiras de Xoán Pastor, imos sintetizalas no seguinte:

* Reitérome en nome do equipo acerca de que deixamos un Remanente de preto de 600.000€ para pago de facturas atrasadas; superávit froito do enorme esforzo que fixemos na nosa etapa por equilibrar as contas municipais. O que nos preocupa é que vai alá máis de medio ano dende que PSOE e BNG están ó frente do goberno sonense e aínda non fixeron nada por pagar ós proveedores,pese a que dispoñen da citada cantidade económica para ese fin. Queda patente que as prioridades do novo goberno bipartito, son outras, pero non as de pagarlle ás empresas cas cales o Concello ten débedas pendentes.
Dende o PPdG non imos deixar de esixir que deixen de por trabas e axilicen dunha vez por todas eses pagos a máis dun cento de empresas coas que nós adquiríramos o compromiso de pagarlle a finais do 2009 con dito Remanente.

* Quixeramos aclarar igualmente que fai un par de meses o Concello veuse na obriga de facer fronte ó pago de determinadas facturas que 2 empresas,que por certo, unha delas segue traballando para o ente municipal, reclamaron por vía xudicial dito pagamento.O máis sorprendente é que tamén pediron o pago dos intereses respectivos polo impago en tempo e forma. Hai que recordar que estas facturas corresponden ós anos 2005 e 2006. Nos instamos ó bipartito para que negociasen con ditas empresas a petición dos intereses,xa que supón un precedente para ás que a posteriori denuncien dito pagamento ante ás instancias xurídicas.A negativa a mesma fai que por cabezonería deste governo,agora existan unha serie de empresas que presentaron a súa respectiva denuncia fiscal.
Esta é unha das moitas consecuencias que acarreou o goberno do PSOE respaldado polo BNG e que, unha vez máis arrastran a tódolos veciños deste concello ó pago dunha cantidade de diñeiro a maiores da que non se debía ter que pagar, como son os intereses. Pois hai que recordar que o pago de tales intereses sae das arcas municipais, é dicir, dos cartos de todos e cada un dos veciños de Porto do Son.

- Ocasións tivo o PSOE para haber pagado estas facturas, nos que ó fronte do concello estaba Quintáns como Alcalde e Xoán Pastor coma responsable de Cultura.

Ambos tiveron oportunidade de pagalas mediante os Presupostos que aprobaron no 2007, e nos que ben puideron incluir estas e outras facturas pendentes de pago, evitando así que estes proveedores tivesen que acudir ós Tribunais. Vese que xa daquela ésta non era a súa prioridade; a de pagarlle a quen traballa.

- No 2008 houbo outra vez a posibilidade de proceder ó pago desas débedas. Estando xa o PP ó fronte do goberno levamos a Pleno uns Presupostos nos que consignamos máis de 350.000€ para pago de facturas de anos anteriores, facturas das épocas en que Pastor era Concelleiro de Cultura e Quintáns era o Alcalde (e entre as cales incluíramos as mencionadas ata agora). Non era a nosa débeda, pero éramos conscientes de que a había que liquidar, pois entendíamos que quen traballara, debía cobrar.
A nosa sorpresa foi maiúscula cando na votación tanto o PSOE coma o BNG votaron en contra, levándose por diante a posibilidade de que por fin a eses pagamentos, e impedindo tamén, que se executasen todas as obras que levábamos reflexadas nese Orzamento.
Está claro que a súa intención cos votos en contra non era outra que boicotear calquera tipo de actuación que nós pretendéramos levar a cabo, aínda que fose positiva para o desenrolo do noso Concello. Soamente se afanaban en ternos atados de pés e mans, aínda que colateralmente estiveran deixando a Porto do Son sen a realización de novas infraestructuras e sen pagarlle ás empresas. Nada lles importaba,deixar ó noso Concello á cola dos da Barbanza en niveis de desenrolo. A obsesión era que mentras o PP gobernase non puidera facer nada. Para facer mal, PSOE e BNG xa se poñían dacordo fai moito tempo.

O pago destes xuros de demora cós cartos do Concello, é dicir, con cartos de tódolos veciños, é un dos moitos exemplos que os caprichos políticos do PSOE e do BNG nos acarrearon. Cartos que ben se podían estar destinando a acometer outras actuacións que boa falla fan, como pode ser tapar algún bache ou por algunha farola onde aínda non dispoñan delas.

Ocultación Premeditada da Documentación

0 comentarios

O PORTAVOZ MUNICIPAL ACUSA Ó GOBERNO DO PSOE E BNG DO SECUESTRO DE DOCUMENTACIÓN REQUERIDA.


Porto do Son, 16 de Xuño de 2010.



A indignación e estupor por parte do Grupo Municipal do PPdG de Porto do Son é cada día máis notable.


Reiteradamente e con alevosía, o goberno do PSOE e BNG dende que asumiron as rendas da autoridade municipal, non deixan de pór obstáculos e impedimentos a laboura de oposición que o grupo conservador está a exercer.


Hai que recordar que o Grupo Mcpal. Conservador, xa manifestou a súa preocupación por esta situación cando o novo bigoberno do PSOE e BNG cumpriu os Cen primeiros días.


A manifesta e continua actitude da falla de documentación ou entrega incompleta da mesma que, como grupo municipal temos dereito a solicitala, fai que se nos esté ninguneando e censurando, o que provocou que en diversas ocasións se lle manifestase esta falla de documentación tanto nos Expedientes coma nas Notificacións de documentación requerida, á Secretaría Municipal.

O exemplo que colmou o vaso da situación, foi que, fai breves días, o Voceiro Municipal do PPdG na consulta solicitada e aprobada en tempo e forma, se atopase con que os expedientes a consultar, estivesen incompletos.





Esta “misteriosa desaparición” de determinada documentación nos expedientes administrativos, o igual que en anteriores casos, fannos sospeitar que existen presuntos indicios de ocultación de determinada información que pode ser presuntamente comprometida e que non interesa mostrarlle ós grupos da oposición.


Exemplos coma a Solicitude de documentación específica do Expediente da Remodelación dos Parques Infantiles, da nova Empresa Xestora de Recollida de Aceites Usados, ou Expedientes de Licenzas de Primeira Ocupación, son algúns dos exemplos perfectamente indicativos, fan que, o Grupo Municipal do PPdG na Corporación Sonense, esté tramitando presentar unha denuncia ante o Valedor do Pobo ante a reiterada e presunta premeditadamente, falla de documentación nos expedientes.







SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

Respaldo Municipal Redacción Proxecto Integral Fachada Marítima do Casco da Vila

2 comentarios
Dn. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, en calidade de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son, presenta para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno Ordinario a seguinte Moción:



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Visto que o Goberno Municipal do PSOE e BNG non parecen mostrar unha actitude de colaboración referente á Redacción do Proxecto de Remodelación do Borde Litoral Interior da Fachada Marítima do Casco da Vila, á vista das últimas declaracións efectuadas por parte do Sr. Alcalde, e contestadas por parte do Ente Público Portos de Galicia do compromiso de actuar e mellorar o entorno da fachada marítima(Voz de Galicia, 11 de xuño de 2010).

Comprometido por parte do Presidente de dito ente, e co gallo de que o proxecto a executar na rada portuaria sexa o máis realista ás necesidades que as distintas entidades que fan uso de dito ámbito, considérase prioritario que dita Entidade Autonómica sexa o ente canalizador das demandas presentadas polas entidades que así llo transmitiron nas súas diferentes reunións mantidas co Presidente de Portos de Galicia,que por certo, tamén a Asociación de Empresarios de Porto do Son lle transmitiu recentemente o seu punto de vista do que consideran que debe recoller dita proposta.

O pasado Xoves 3 do presente, e a raíz da solicitude transmitida previamente, por algúns ediles que forman parte do Pleno da Corporación, o Portavoz Municipal, Manuel Tomé Piñeiro, mantivo unha audiencia co Presidente do Ente Público anteriormente indicado, co gallo de conquerir a búsqueda dun impulso por parte de Portos de Galicia para que sexa o Organismo que modere e canalice ás propostas das distintas Entidades afectadas.
De esta forma, pedíuselle a Portos de Galicia que faga a invitación e convoque de forma voluntaria, a tódalas entidades implicadas, na que as súas demandas sexan recollidas e plasmadas nun Proxecto Integral de Actuación en dito ámbito.

O guante da proposta foi recollido polo propio Presidente de Portos, solicitando como premisa básica para a mesma, o respaldo do Pleno da Corporación o apoio a creación dunha Comisión de Traballo, co gallo de transmitir o compromiso do Pleno da Corporación de loita por este Proxecto de Remodelación.

Vista a solicitude de demanda por parte do Presidente de Portos de Galicia, e en prol do beneficio para o noso Concello de que o Pleno da Corporación respalde, apoie e mostre a súa unidade por tan demandada obra de interese para o Porto do Son.



Por todo elo anteriormente exposto,




SOLICITASE:


O respaldo do Pleno da Corporación do Excmo. Concello de Porto do Son, para a Constitución dunha Comisión de Traballo, dirixida e coordinada polo Ente Público Portos de Galicia co gallo da Redacción do Proxecto Integral de Remodelación da Fachada Portuaria do Casco da Vila.
Porto do Son, 14 de Xuño de 2010


Asdo.




Manuel Tomé Piñeiro
Voceiro Municipal do PPdG Pto. Do Son

Impulso a Redacción Novo Proxecto de Remodelación da Fachada Portuaria

0 comentarios

NOTA DE PRENSA Porto do Son



TOMÉ SOLICITALLE A PORTOS QUE IMPULSE A COMISIÓN DE TRABALLO PARA A FACHADA PORTUARIA SONENSE.
*O GOBERNO DO PSOE E BNG REXEITARON A SÚA CREACIÓN EN PLENO.

*O INMOVILISMO E A INCOMPETENCIA DO BIGOBERNO SONENSE FAI QUE O PARTIDO POPULAR SONENSE TEÑA QUE TOMAR AS RENDAS Á SITUACIÓN.


Porto do Son, 11 de Xuño de 2010


O pasado Xoves 3 de Xuño do presente, o Voceiro Municipal do PPdG, Manuel Tomé Piñeiro, foi recibido polo Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana. Dita audiencia foi solicitada con urxencia polo grupo conservador ante o inmovilismo e deixadez sobor do tema, que o goberno do PSOE e BNG fan do mesmo.

Hai que recordar que o PPdG Pto. Do Son, levou a Pleno unha Moción de creación de dita Comisión de Traballo na que estiveran representadas tódalas entidades que fan uso da zona portuaria co gallo de que súas demandas fosen recollidas nese Proxecto de Remodelación portuaria.
O rexeitamento por parte do goberno do PSOE e BNG a dita constitución e sí a outras, fan o doble rasero e interpretación que teñen á hora de conquerir melloras de futuro para o noso Concello.

Na reunión mantida polo Voceiro Municipal do PPdG sonense, solicitoulle o Ente Público a necesidade de que sexa Portos de Galicia quen impulse a creación de dita Comisión de Traballo así coma manter a disposición de seguir traballando con tódolos Organismos vinculados para que se empece a satisfacer ás necesidades demandadas polas entidades portuarias.

Dende o PPdG Pto. Do Son estamos convencidos que os veciños demandan dunha vez por todas o acondicionamento de dito ámbito pero contando que se cubran ás necesidades que ás agrupacións solicitan e non dándolles as costas.

Por todo elo, o PPdG Pto. Do Son, ten pensado voltar a presentar a Moción que no seu día rexeitou o goberno do PSOE e BNG para que reflexionen e rectifiquen sendo o mellor para Porto do Son e en especial para as entidades ubicadas en dito ámbito.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

A Sensibilidade Ambiental do Goberno PSOE e BNG

2 comentarios

TOMÉ CALIFICA DE “ABERRACIÓN AMBIENTAL” A CORTA DA ARBOREDA NO MONTE DA TARELA.


Porto do Son, 10 de Xuño 2010

Co gallo do comenzo das Obras de Acondicionamento dos Terreos para a futura instalación da Piscina Municipal Climatizada no Monte da Tarela, atopámonos que se realizou unha corta da arboreda existente en gran parte do monte mencionado.

A sorpresa para o grupo do PPdG Pto. Do Son foi atoparse a meirande parte da corta, fóra do ámbito que non afecta á obra da futura instalación deportiva anteriormente mencionada.

Hai que recordar que o terreo do Monte da Tarela presenta un chan granítico moi pedregoso o que provoca que o sustrato de terra vexetal existente sexa moi delgado, o que fai que as variedades arbóreas que poidan ser idóneas para este tipo de chan sexa moi limitada o igual que o seu lento desenrolo a pesares de ser unha zona moi húmida.

Esta “aberrante” acción ambiental vai provocar que durante anos o Mte. Da Tarela non volte a ter unha boa masa de arborado e sombra coma ata agora tiña, máxime cando a propia configuración do monte fai que sexa unha futura zona de ocio e recreativa.

A teima do Grupo Conservador, indican que o futuro inmoble deportivo en prol de se integrar no ámbito onde se pretende realizar, fagan que o terreo se teña que adaptar á piscina, sendo a sensibilidade ambiental que o bipartito ten coas súas actuacións.

Vista esta “incoherente” actuación por parte do goberno municipal do PSOE E BNG no tema ambiental,máxime que este pasado fin de semana celebrouse o Dia Mundial do Medioambiente, preguntámonos: ¿Para qué se quere ter unha Concellalía de Medioambiente e Montes? ou, en tono jocoso, ¿Estará o Sr. Quintáns estudiando a posibilidade de construir chalets adosados no Mte. Da Tarela aproveitando a súa estratéxica ubicación?.

SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

Reducción dos Soldos

3 comentarios
MOCIÓN SOBRE A REDUCIÓN DE SALARIOS DOS CARGOS ELECTOS E ALTOS CARGOS LOCAIS





Dn. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, en calidade de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son, o amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno Ordinario a seguinte Moción:




EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

As graves dificultades económicas e de paro que vive o noso país e o desmesurado déficit público, obrigan a adoptar medidas extraordinárias e solucións coordinadas. Cómpre implementar, con urxencia, medidas necesarias e coherentes para afrontar a maior crise do último médio século, e procurar acadar a redución do déficit público. Calqueira plan estaría incompleto de non ir acompañado de actitudes tendentes a paliar os perxudiciais efectos da crise.

É nese marco, que o PPdeG, liderando as iniciativas e as medidas de austeridade contra a crise, impulsa a redución das retribucións salariais dos cargos electos locais, mediante a aplicación de criterios e escalas individuais e progresivos, dacordo coa seguinte táboa :





SALARIO TOTAL REDUCIÓN
Entre 81.155 e 91.982 € o superior 15%
Entre 73.682 e 81.155 € 10 %
Entre 64.606 e 73.682 € 9%
Entre 54.615 e 64.606 € 8%
Entre 54.615 e 41.055 € 7%
Entre 41.055 e 27.495 € 6%
Entre 27.495 e 13.935 € 5%
Entre 13.935 e 11.827 € 4.50%
Entre 11.827 e 10.264 € 2.70%
Entre 10.264 e 7.209 € 2 %
Entre 7.209 e 6.581 € 0.25 %

Esta Medida de Redución das Retribucións, se aplicará ós salarios do Alcalde,Teniente Alcalde e Concelleiros/as do Goberno Local de Pto. Do Son, tomando como base a cuantía efectivamente percibida.

Por todo isto, o Grupo Municipal Popular no Concello de Porto do Son somete á consideración do Pleno da Corporación a aprobación dos seguintes acordos:


PROPOSTA DE ACORDOS:


PRIMEIRO : Que o Pleno do Concello de Porto do Son, e tras os trámites pertinentes, acorde a aplicación das porcentaxes de redución das retribucións salariais do Alcalde, Tenente Alcaldesa e Concelleiros/ as, de xeito progresivo e individual, segundo a táboa que consta na parte expositiva desta Moción.


SEGUNDO : Dar traslado deste Acordo ao Presidente do Goberno, os Portavoces parlamentarios nas Cortes, o Presidente da Xunta e o Parlamento de Galicia …..


PORTO DO SON, 10 DE XUÑO DE 2010

ASDO.



MANUEL TOMÉ PIÑEIRO
VOCEIRO MCPAL. DO PPdG Pto, do Son

Proxecto do Tanatorio Municipal

0 comentarios
Dn. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, en calidade de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son,


Visto que fai recentes datas, saiu publicado en distintos medios de comunicación que a Excma. Deputación Provincial da Coruña,no seu Pleno ordinario mensual celebrado o dia 28 de maio de 2010, aprobou o Proxecto de 1ª Fase do Tanatorio Municipal cun orzamento de 300.000€, o que implica unha financiación do 100% desta primeira fase de execución.

Dado que o Goberno Municipal do PSOE e BNG ten coma directriz o ocultismo de información ás restantes formacións políticas, xa que dende fai seis meses que asumiron o goberno ainda non tiveron a dignidade de convocar os distintos voceiros do Pleno da Corporación para informarlles dalgúns temas de interese xeral, por todo elo,





SOLICITA:

CONSULTAR O PROXECTO REDACTADO POLO EXCMO. CONCELLO REFERENTE O FUTURO TANATORIO MUNICIPAL.

Solidaridade co Concelleiro Gonzálo Pérez Fernández

0 comentarios
O PARTIDO POPULAR SONENSE MANIFESTA A SÚA SOLIDARIDADE CO EDIL GONZÁLO PÉREZ.

*MANIFESTA O REXEITAMENTO A ESTE TIPO DE PRÁCTICAS.

*FELICITA Á CONSELLERÍA DO MAR POLA LOITA QUE ESTÁ A LEVAR A CABO CONTRA O USO DA DINAMITA NO SECTOR.

Porto do Son, 1 de Xuño de 2010

O pasado fin de semana, a embarcación cerqueira “Escalador” con base na localidade sonense de Portosin, foi víctima dunha sabotaxe, que provocou un importante destrozo no seu aparello.

O armador da embarcación que sufriu dito atentado, Gonzálo Pérez Fernández, exerce de voceiro do grupo independente municipal Alternativa Veciñal Sonense (AVS) o que provocou que por parte do Partido Popular de Porto do Son o igual que os representantes da outra formación independiente (Independentes por Porto do Son (IxPS), se solidarizasen co edil afectado.

Dende o PP de Pto. Do Son, consideramos un “desprezo”o non solidarizarse o equipo de goberno do PSOE e BNG co edil independente.
Igualmente considérase dende as filas conservadoras, que o Alcalde, o socialista Xoan Pastor Rodriguez, non tivo a iniciativa de facer unha Declaración Institucional rexeitando este tipo de actos e solidarizándose co sector cerqueiro da localidade sonense de Portosin.

A loita contra o uso da dinamita no sector, o igual que as prácticas furtivas nas que o Goberno da Xunta de Galicia a traveso da súa Consellería do Mar está tendo uns grandes resultados, debe ser o camiño para que a pesca galega non sufra ás grandes consecuencias económicas nin productivas que esta lacra provoca.

Dende o Partido Popular de Porto do Son,consideramos que este tipo de prácticas deben erradicarse definitivamente e felicitamos e animamos a que a Consellería do Mar,que contactou co armador afectado para preocuparse por este grave altercado, siga por ese camiño.

SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON