A interese polas empresas Locais

2 comentarios
NOTA DE PRENSA Porto do Son



O PARTIDO POPULAR DE PORTO DO SON CRITICA A NON INVITACIÓN ÁS EMPRESAS LOCAIS O FEIL 2010.

*SOAMENTE UNHA EMPRESA LOCAL FOI INVITADA A OFERTAR A SÚA PROPOSTA.
*O GOBERNO DO PSOE E BNG DECLINOU INVITAR A EMPRESAS LOCAIS QUE SE OFRECERON.


Porto do Son, 4 de Maio de 2010

O PPdG de Porto do Son non sae das contínuas sorpresas que o goberno bipartito do PSOE e BNG realiza dos intereses xerais do Concello.

Coma é ben sabido, a crise económica que está azoutando gravemente á sociedade española e a sonense en concreto, fan que toda iniciativa que axude ás pequenas e medianas empresas locais para amortiguar a falla de novas contratacións que están a sufrir, sexa ben agradecida polas empresas do noso Concello.

No Primeiro Plan do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL 2009), o Goberno Municipal Sonense presidido polo Partido Popular, puxo coma prioridade incentivar o estímulo productivo e económico local invitando, na medida das posibilidades, ás empresas locais interesadas en traballar para a Administración Local.

É de recordar que nese Fondo Estatal 2009 foron invitadas tódalas empresas locais que o desexasen ,conquerindo que das 14 obras seleccionadas por procedemento negociado, o 71% das mesmas foron adxudicadas a pequenas e medianas empresas locais, representando 10 das 14 obras executadas.




Desgraciadamente co novo Plan E 2010, podemos observar que o goberno municipal do PSOE e BNG de Pto. Do Son, soamente invitou, a traveso de procedemento negociado, a unha única empresa local.
O máis indignante é que pequenas e medianas empresas locais interesadas en presentarse a algunha das 7 actuacións a desenvolver dentro do FEIL 2010, non se lle haxa siquera invitado a ofertar a súa proposta.

Dende o PPdG de Porto do Son, temos claro que iste é outro exemplo máis de desprezo e pouco interese por estimular o tecido productivo do noso Concello, máxime cando agora ás pequenas e medianas empresas locais atópanse nun proceso de estancamento e paralise de demandas de obras e actuacións.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

Campo de Fútbol Emilio García García

0 comentarios
NOTA DE PRENSA Porto do Son



O PP CALIFICA DE “IMCOMPETENTE” Ó CONCELLEIRO DE DEPORTES NO TEMA DO CAMPO DE FUTBOL.

*O proxecto redactado, licitado e adxudicado polo goberno do Sr. Quintáns, tiña grandes eivas técnicas.

*O Aval da Garantía da Obra todavía non foi reclamado ó Concello pola empresa.


Porto do Son, 28 de Maio de 2010

O proxecto de instalación do céspede de herba sintético que o PP de Pto. Do Son tivo que executar cando chegou o goberno municipal, presentaba grandes deficiencias técnicas que unha vez feita a comprobación in situ, non se adaptaba nada a realidade do lugar.

Así, no novo levantamento topográfico feito pola empresa adxudicataria, puidose comprobar no replanteo, que o desnivel diagonal do campo, tiña máis de 2,40m de diferencia respecto o que presentaba o proxecto redactado e adxudicado polo Concello, co que non collía na superficie existente.

Tamén debemos indicar que a Excma. Deputación da Coruña, non colaborou en nada para axudar a subsanar as deficiencias atopadas.

A empresa adxudicataria da construcción de dita instalación, comprobou , unha vez acabado o campo, o Anel da rede da instalación de auga que dá servizo ós aspersores.
Visto que a potencia eléctrica instalada no estadio era insuficiente para dar o servizo, o goberno do PP Pto. Do Son, dilatou ó máximo a recepción da obra que foi recibida a mediados de Abril 2008, tendo un periodo de vixencia da mesma de dous anos que rematou fai escasamente catro semanas.

Visto o descoñecemento administrativo tanto do Alcalde Xoan Pastor Rodriguez Santamaría, da Tenente de Alcalde Anxela Franco e principalmente do Edil de Deportes, Xoan Xosé León, da existencia, coma en calquer obra pública, do Aval de Garantía que na porcentaxe dun 4% do prezo de adxudicación, queda en depósito no Concello;

Dito aval serve, mentres a empresa non o reclame, coma así ocorre neste caso, para dispor de posibles anomalías ou imprevistos que poidan xurdir a posteriori da finalización de dita obra.

Está claro que este é un exemplo máis do descoñecemento que estes dirixentes teñen respecto ás obrigas recollidas na Lei de Contratos do Sector Público que se aplican para estas situacións.

Indicar que o novo goberno do PSOE e BNG, tivo seis meses para comprobar a deficiencia xurdida e, lóxicamente dentro do prazo de garantía.

O sorprendente para o PPdG Pto. Do Son é que o máximo responsable da redacción,licitación e adxudicación de dito proxecto de instalación do céspede de herba artificial,o Sr. Quintáns Vila, non lles asesore en materias que presumen coñecer e fagan valoracións sen unha base coherente.




SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

Reunión Alcalde co Dir. Xral. Patrimonio

0 comentarios
NOTA DE PRENSA Porto do Son



O PP CALIFICA DE “MENTIROSO” Ó ALCALDE SONENSE RESPECTO A REUNIÓN CO DIRECTOR XRAL DE PATRIMONIO.

*Os técnicos comunicaronlle a existencia nalquel intre dun compromiso de 700000€ condicionado a aprobación do Plan Especial.

*O incumplimento do PSOE e BNG fixeron que se perdera dita cantidade.


Porto do Son, 26 de Maio de 2010

Segundo os medios de comunicación, o actual alcalde sonense,o socialista Xoán Pastor Rodriguez, entrevistouse o pasado martes 25 do presente co Director Xral. De Patrimonio José Manuel Rey Pichel. En dita reunión estiveron presentes técnicos do ente autonómico co gallo de explicarlle a proposta que dende o ente autonómico plantexan para o futuro desenrolo do Castro de Baroña.

Hai que recordar que no goberno presidido por Manuel Tomé, levouse a cabo a redacción do “ Plan Especial do Castro de Baroña” como primeiro instrumento urbanístico para desenvolver a futura dinamización do xacemento celta coa construcción no seu entorno do futuro Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

O governo conservador sonense, levou o Pleno Ordinario Mensual de Outubro de 2009 a Proposta de Aprobación de dito Plan Especial que foi votada en contra polo PSOE e o BNG xustificando que había que negociar con tódolos propietarios afectados do ámbito de actuación.

Debemos recordar que o alcalde nese intre, Manuel Tomé Piñeiro, tiña un compromiso por parte do actual Director Xral. Patrimonio dun financiamento de 700000€ para a construcción de dito Centro de Interpretación condicionada a tres compromisos:

1) Aprobación do Plan Especial do Castro de Baroña.
2)Por a dispor da Xunta dos terreos para a execución de dito Centro de Interpretación.
3)Presentar un Anteproxecto do Centro de Interpretación.
Istes tres compromisos tiñan como data límite finais do ano 2009.

Coma ben se indicou no Pleno antes mencionado, informouse que se perderían os cartos asignados para dita actuación coma así ocurriu o rexeitarse de partida o primeiro compromiso.

Visto a “falta a verdade” que o Sr. Rodriguez anunciou nos medios,o anteriormente exposto pode ser corroborado por testemuñas presentes en dita reunión, que casualmente o pasado martes 25 do presente, estiveron presentes xunto o edil socialista na audiencia.

Igualmente dende o PPdG Pto. Do Son, debemos indicar que a Dirección Xral de Patrimonio anuncioulle o Sr. Alcalde o inminente comenzo dunhas actuacións por parte do ente autonómico, que xa foran comprometidas co alcalde conservador en Outubro de 2009, consistentes na “Limpeza, Acondicionamento e Levantamento Topográfico do Castro de Baroña”.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

AUGAS DE GALICIA COMPROMÉTESE A ESTUDIAR A PROPOSTA DO PP SOBRE A EDAR DE QUEIRUGA.

0 comentarios

*A PROPOSTA FOI REXEITADA EN PLENO POLO PSOE E BNG.

*O PP PIDELLE QUE NON SE PERDAN OS 3,6 M € DO PROXECTO.


Porto do Son, 14 de Maio de 2010


O pasado Venres o Voceiro Municipal do PPdG, Manuel Tomé Piñeiro, foi recibido pola Presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez. Dita audiencia foi solicitada polo grupo conservador a raíz da negativa plenaria por parte do goberno municipal do PSOE e BNG de rexeitar facer un estudo de viabilidade para que os verquidos das parroquias de Baroña e Queiruga sexan tratados na actual EDAR Loreto.

Hai que lembrar que a polémica ubicación desta nova depuradora provocou un amplo rexeitamento social en ambas parroquias afectadas, polo que a búsqueda dunha solución técnica e social consensuada é o que levou o PP Pto. Do Son a plantear dito estudo mediante a presentación dunha moción plenaria.

O silencio, a desinformación e posterior negativa a estudiar dita proposta, fixeron que dende as filas populares a teima a perda da inversión aprobada polo goberno de Nuñez Feijoo, fose o síntoma da incompetencia e incapacidade de darlle unha solución adecuada a dito tema.

Coma ben se puido comprobar nas declaracións efectuadas polo Alcalde Xoan Pastor Rodriguez e corroboradas pola Tenente Alcalde Anxela Franco, referentes a dita obra, que non plantearían ningún estudo alternativo a ubicación que, segundo o goberno “hai un grande consenso na ubicación”. Recordar que a plataforma vecinal recolleu sinaturas rexeitando a ubicación prevista.

Os distintos atrancos e silencio que o goberno bipartito intentou facer do tema, levaron o PPdG Pto. Do Son a intentar plantexar solucións alternativas ante instancias superiores visto que o rexeitamento a estudar as solucións que o Grupo Popular plantexaba para o mesmo, sempre foron sistemáticamente anuladas.

O Voceiro Municipal, Manuel Tomé, corroborou en dita reunión o incumplimento por parte do goberno do PSOE e BNG dos compromisos e plazos asumidos ante o ente público Augas de Galicia.
Segundo manifestou a presidenta de dito ente, “había uns prazos comprometidos e consesuados coas autoridades municipais que non os cumpliron”.

Ante esta afirmación, o Voceiro Municipal insistiulle en pedir que non se perdan os cartos comprometidos co Concello de Porto do Son e buscarlle unha solución o tema.

Finalmente indicar que o PPdG de Pto. Do Son ten unha obriga cos veciños do noso Concello de loitar por conquerir a maior cantidade de inversións posible para tódolos sonenses aínda que a incapacidade do bigoverno municipal sexa patente.

O PP DE PORTO DO SON TÉMESE QUE SE PERDAN OS CARTOS DA EDAR PARA QUEIRUGA E BAROÑA.

0 comentarios

*MUTISMO POR PARTE DO GOBERNO DO PSOE E BNG SOBRE O ESTADO DOS TRÁMITES DA DEPURADORA.
*DESPOIS DE DOUS MESES, O PPdG DE PORTO DO SON TIVO ACCESO Á DOCUMENTACIÓN


Porto do Son, 24 de Abril de 2010

O PPdG de Porto do Son, descoñece en que estado se atopan os trámites administrativos, referentes á instalación da E.D.A.R de Queiruga-Baroña, posto que o tempo trancorre e o goberno municipal do PSOE e BNG non da sinais da situación na que está dito proxecto.

Como é ben sabido o Partido Popular de Porto do Son solicitou o pasado 25 de febreiro de 2010 poder consultar o expediente referente a dito tema. O 21 de abril de 2010, por fin se notificou poder consultar dita documentación. A sorpresa por parte dos populares foi que soamente constaba o Estudo de Alternativas de Ubicación da E.D.A.R de Tarrío que databa de xaneiro de 2010.

Segundo os medios de comunicación, o goberno municipal sonense adquiriu un compromiso con Augas de Galicia de presentar nun prazo de mes e medio, (45 días concretamente), o Anteproxecto da nova ubicación o igual que as autorizacións e a disposición dos terreos necesarios para dita obra. En principio o prazo remataba a principios do presente mes de Abril de 2010.

Tamén hai que indicar, que o PP sonense presentou unha Moción o pasado 15 de marzo de 2010, plantexando facer un Estudo de Viabilidade para o envio dos verquidos de ditas parroquias á E.D.A.R. de Loreto, dado a gran inquietude e alarma social que se xerou en ambas parroquias. Desgraciadamente o pasado 23 de marzo o goberno municipal do PSOE e BNG, votou en contra da proposta plantexada polo PP.

Por todo isto, ao PPdG de Porto do Son creálle moita incertudume o silencio e ocultismo que este bipartito ten sobre dito tema, xa que o marketing e a publicidade nos medios de comunicación é a súa forma de entender a xestión dun concello.

“¿A qué se debe este silencio por parte do equipo de goberno actual?, ¿será que están silenciando a posiblidade de que se perdan os 3,6 millóns de euros deste proxecto?.

Moción Solicitude Estudo alternativo EDAR Tarrio

0 comentarios

Dn. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, en calidade de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son, presenta para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno ordinario a seguinte Moción:


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


Visto que por parte do Goberno Bipartito sonense non se nos facilita a información técnica pertinente requerida referente ó Estudo de Ubicación de Alternativas da Depuradora de Tarrío, vémonos na obriga, vista a inquietude e alarma social que está provocando dita instalación, a propor, xa que non temos opción de ver e opinar a presunta proposta elexida, a estudar unha alternativa que satisfaga e resolva o problema social que este goberno do PSOE e BNG provocou entre os veciños das parroquias afectadas, estámonos a referir as parroquia de Queiruga e a de Baroña.

Analizada dunha forma superficial as condicións xeoestratéxicas do Proxecto que o ente público Augas de Galicia redactou para ditas parroquias, e , valorando a grande cantidade de dificultades de índole ambiental, paisaxística, arqueolóxicas e sociais que está a representar, dende o PPdG de Porto do Son queremos plantexar unha Proposta para o seu estudo técnico pertinente e consideración.

O obxectivo principal é Consensuar cos veciños das parroquias de Queiruga e Baroña, a ser posible, unha proposta beneficiosa para ambalas dúas e solucione o problema social e técnico xerado.

Coma ben se dixo anteriormente, collendo coma base do estudo o Anteproxecto da EDAR de Tarrío redactado pola consultora CIISA(xuño 2003), podemos facer as seguintes interpretacións para a súa valoración:

*Segundo dito Anteproxecto, tomando coma referencia o Tramo Sur do mesmo, que correspondería entre a Zona Límitrofe coa parroquia de Caamaño ata o lugar da Ponte (zona limítrofe coa parroquia de Baroña), non se produciría ningún tipo de variacións en dito anteproxecto anteriormente indicado.

*No Lugar da Ponte, onde presuntamente se pretendía ubicar a depuradora, instalaríase no seu lugar un Bombeo (se reubicaría eiqui o que antes ía en Abuín), e recollería os Colectores do Río Mayor e o Colector de Tarrío (igual que no anteproxecto non variarían).

*O Tramo dende o Lugar da Ponte ata o Tramo Vello da AC-550 do Castro de Baroña (lugar onde entronca o tubo de Impulsión do Castro co Colector de Abuín) iría en impulsión ata o seu entronque, estudándose a posibilidade de instalar unha ventosa en dito entronque así coma a rotura de carga da mesma.
Dicir que iste sería o punto de cota de máxima altitude en todo o percorrido.

*Dende ese entronque ata o Bombeo da Arnela iría o Colector de Abuín (que non variaría nada do seu percorrido previsto no anteproxecto agás a reubicación do bombeo que ía en Abuín coma ben se indicou anteriomente).

*Dende o Bombeo da Arnela iría un Tubo de Impulsión ata conectar coa Rede Separativa do lugar de Xío. Este tramo sería o que maior variación representaría, xa que non se contemplaba no anteproxecto. Estaríamos falando da instalación de un tubo en impulsión de 110 de diámetro e 16 atmósferas aprox. nun percorrido de mil metros de lonxitude pola marxe dereita da AC-550 en sentido ó Casco da Vila.

*Unha vez entroncado no Lugar de Xío na Rede Separativa do Casco da Vila, iría ó Bombeo instalado na Zona Portuaria de Pto. Do Son( Bombeo Son) e de ahí a EDAR de Loreto.

Vista esta descripción técnica por tramos, podemos indicar que non existe variación do número de bombeos (4) que se preveía agás a reubicación da de Abuín que se instalaría no Dique. Tamén é de indicar que con esta proposta aumentaríamos os metros de tubaxe de colectores respecto ó de impulsión.

Prevendo que este proxecto está dimensionado para 2000 habitantes-equivalentes e o EDAR Loreto ten unha previsión de 10500 habitantes-equivalentes, sería perfectamente factible a previsión e dimensionamento de caudales. O único que pensamos que se necesitaría, sería un reforzo da potencia do Bombeo de Pto. Do Son que seguramente habría que instalar unha Terceira Bomba de apoio.


Por todo elo,


SOLICITA:


1-Que se faga un Estudo Técnico e Económico riguroso para a Viabilidade da proposta de enviar os verquidos de saneamento das parroquias de Queiruga e Baroña á EDAR de Loreto.

“VALORACIÓN DOS PRIMEIROS 100 DÍAS DE GOBERNO MUNICIPAL”

0 comentarios
Pasados os primeiros 100 días de goberno bipartito do PSOE e BNG, xa se pode facer unha valoración da súa actuación a fronte do Concello de Porto do Son que resumimos en 5 puntos.


1-AUTORIDADE DO SEÑOR QUINTÁNS.

Soamente fixo falla tres meses de goberno bipartito municipal para comprobar quen realmente manda e dirixe a política do goberno municipal de Porto do Son.

O que está claro que temos un Alcalde que coma xa o definiron no seu momento de “boneco de palla” non lle faltou razón, e un socio de goberno coma é o BNG que demostran a incapacidade e descoñecemento da meirande parte dos temas que se xestionan no Concello.

Toda a estratexia e as poucas directrices que este goberno presenta, levan a impronta do “raposo” tanto nos proxectos, actuacións,…etc.

Triste é o goberno no que a “voz cantante” de tódolos temas a tratar, sexan levados polo ex-alcalde e Concelleiro de Cultura e festexos o Sr. Quintáns Vila.

A sensación que se percibe deste goberno é a capacidade que ten dito concelleiro para camelar todo o equipo e sexa este persoaxe o que marque os tempos e pasos das actuacións do mesmo.

Está claro que o Sr. Quintáns “atou” ben a tódolos componentes do goberno na súa moción de censura para que as súas decisións sexa as que se impoñan.


2-CONTINUISMO DA DESFEITA URBANÍSTICA.

Cada día que pasa a idea do retorno dos pantasmas do pasado urbanístico de Porto do Son parecen ser máis reais.

O baleirar o Departamento de Urbanismo dunha xestión independente dos actos administrativos xerais das Oficinas Xerais revertindo a esta última, voltan a marcar o “férreo control” que determinados funcionarios fan do urbanismo do Son.

Máis si cabe, quen tanto vociferou ós catro ventos contra a Desfeita Urbanística do Sr. Quintáns e os seus secuaces entre os que se atopaban o ex-arquitecto municipal, funcionarios, diversas promotoras,… e que o BNG sexa un “mero espectador” desta insultante “volta o pasado”, fan que sexan tanto ou máis responsables da desfeita que no seu momento inculpaban o goberno do Sr. Quintáns.

O que está claro que dito persoaxe está “pagando os favores comprometidos” no seu goberno e que non puido levar a cabo e agora co beneplácito do BNG está a cumplir.

O PXOM vai ser o “broche de ouro” para finalizar o seu cometido comprometido con determinados persoaxes do urbanismo sonense.


3-FALLA DE COHERENCIA NOS POSICIONAMENTOS POLÍTICOS.

Tanto o PSOE coma o BNG usan distinto criterio de actuación ou “vara de medir” segundo se esté no goberno o na oposición.

O que antes era votar en contra de forma sistemática contra todo que era de interese para o Concello, agora o tempo danos a razón cando plantexábamos propostas sempre coherentes e lóxicas que a sinrazón destes persoaxes provocaban que non foran adiante.

Exemplos para precisar estas actuacións son fácilmente recoñecibles, así coma a Adhesión a Deloa, a Ordenanza de prestación de Axuda no Fogar, Nomeamento de Rúas, así coma a futura aprobación do Plan Especial do Castro de Baroña, …etc.

Este goberno dependendo de onde “sople o vento” prioriza axilizar trámites ou non dependendo e baseándoo en intereses políticos partidistas fronte ós intereses xerais.

Exemplos coma a Actuación Urxente da Limpeza no Castro de Baroña, Comisión de traballo da Fachada Marítima,…etc.


4-FALTA DE NOVAS PROPOSTAS.

Dende o PPdG de Pto. Do Son vimos observando con preocupación a prioridade do bipartito de mostrar o marketing e a publicidade nos medios de comunicación respecto a xestión municipal coma o factor máis importante.

Simplemente botar unha ollada ós medios de comunicación xa xustifican ditas prioridades deste goberno.

Por outra banda, a incapacidade e desinterese por ir a negociar a outras administracións é evidente na súa deixadez, xa que o déficit de xestión de novas subvencións para este Concello é patente.

Este déficit de inyección de recursos económicos pódese perfectamente amosar na nula contratación de persoal laboral para cubrir as necesidades e demandas que se requiren.

A xustificación de “non hai cartos” non é realista, xa que na Liquidación de Tesourería do 2009, quedou un superávit o redor dos 600.000€ da que si se racionaliza dito recurso, pode mitigar a incapacidade de xestión deste bigoberno.


5-CENSURA INFORMATIVA Á OPOSICIÓN.

Todas aquelas verbas que na moción de censura transmitiu o novo goberno do PSOE e o BNG afirmando “capacidade de diálogo e rexeneración democrática” non se están cumprindo.

Estas verbas que o Sr. Alcalde e o plácet da Sra. Franco dirixiron a cidadanía sonense, estamos observando con unha cada vez frecuente e preocupante mostras de “censura” da información a que tódolos menbros democráticamente elegidos polo pobo temos dereito a coñecer e pedir co fin de plantexar as nosas sugerencias.

Desgraciadamente todalas solicitudes realizadas polo PPdG de Pto. Do Son durante este periodo de novo goberno, o silencio por resposta está sendo a seña de identidade deste bipartito.

Exemplos do que se afirma podemolos nomear entre outros a Documentación sobre a futura ubicación da depuradora de Baroña, o Convenio coa nova empresa xestora de aceites usados, gravacións dos acordos plenarios que o Sr. Quintáns tanto reclamaba, proxecto de construcción dun Viveiro de empresas, etc…

O que está claro que aquello que o Sr. Pastor Rodríguez e a Sra. Franco Pouso anunciabanse coma os “salvadores do Concello” e que o ían sacar desta parálise, que segundo eles, se atopaba durante o goberno do PPdG de Pto. Do Son, o tempo, señor e xuiz dos feitos, estannos demostrando que a realidade das cousas ben distinto corresponde.

Facer un sistema riguroso de tempos intentando minimizar a posibilidade de opinión do PPdG de Pto. Do Son nos Plenos e así imponer o que denominamos no seu momento coma a “Lei do Rodillo” estase a cumplir a pes xuntiños dando sempre o seu plácet o Sr. Quintáns.

PP de Porto do Son

3 comentarios
Hoxe nace o blog do PP de Porto do Son.