!!Un Porto Á Última!!

0 comentarios
Os Populares Sonenses solicitan a inclusión da Zona Portuaria no Plan Piloto de Eficiencia Enerxética.

* O CONVENIO ASINADO ENTRE O INEGA E PORTOS DE GALICIA VAI ORIENTADO A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS PORTUARIAS.

* O PP SONENSE SOLICITA QUE SE INCLUA COMA SUXERENCIA ADICCIONAL NA REDACCIÓN DO PROXECTO DE REFORMA DA FACHADA MARÍTIMA DO CASCO DA VILA..

Porto do Son, 20 de Octubro de 2010

O Portavoz Municipal do Partido Popular, Manuel Tomé Piñeiro, ven de solicitarlle ós técnicos encargados da Redacción do Proxecto da Reforma da Fachada Marítima da Vila, a inclusión na mesma do Plan Piloto de desenvolvemento para a mellora da Eficiencia Enerxética que foi asinado entre o Ente Público Portos de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia(INEGA).
Este Convenio establece entre outras actuacións, a instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos así coma instalacións de plantas de cogeneración e trigeneración complementada coa instalación de paneis nas cubertas das instalacións existentes dentro do ámbito de delimitación portuario.

O Portavoz Municipal plantexa desta forma, a ampliación das suxerencias que os conservadores locais plantexaron coma formación política ó Ente Público de Portos co gallo de aunar tódalas demandas que os distintos colectivos quedaron de enviar.

Hai que lembrar que a reunión mantida por parte das Entidades usuarias do ámbito, xunto ós Portavoces dos Partidos representados no Pleno da Corporación, acordouse enviar ás suxerencias e propostas a Portos co gallo do seu estudo e consideración oportuna para o seu desenvolvemento.

Visto que o Ente Público Portos de Galicia estableceu entre as súas estratexias a mellora da eficiencia enerxética nos Portos da costa galega, os Populares presentan coma suxerencias complementarias ó Borrador do Proxecto de Reforma, o estudo e viabilidade como Porto Piloto para desenvolver o Convenio anteriormente citado.
Con esta Proposta quérese plantexar un proxecto, coma ben indicou o Presidente de Portos de Galicia, Sr. Alvarez Campana coma “un referente na Ría de Muros-Noia” e con visión de futuro.

Dende o PP Sonense, visto que este Bigoberno xa ten demostrado sistemáticamente a súa Incapacidade para plantexar Proxectos e Propostas de futuro para o noso Concello, seguiremos traballando a reo co gallo de que Porto do Son comence a senda dun mellor futuro do que o PSOE e BNG non son capaces a dar resposta.


SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

!!A Doble Vara de Medir!!!

1 comentarios
Os Populares critican a “demagoxia política” do Bipartito Sonense respecto ó Plan Especial do Castro de Baroña.

* AS DECLARACIÓNS DO REXEDOR LOCAL VOLTAN AMOSAR O DESCOÑECEMENTO QUE TEN SOBRE DIVERSOS TEMAS.

* GRACIAS Á PREOCUPACIÓN DO PP SONENSE POLO TEMA,VÓLTASE A RETOMAR A NECESIDADE IMPERIOSA DA PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO MUNICIPAL.

Porto do Son, 16 de Octubro de 2010


O Partido Popular Sonense non sae do seu asomo sistemático que o actual Goberno do PSOE e BNG demostra cos feitos que abandeiran usando distinta vara de medir que utilizan na actualidade e que non é a mesma que cando estaban na oposición.
Agora intentan saír coma os “salvadores” do Castro de Baroña, pero tiveron que ser outros os que deran a voz de alarma sobre a urxente necesidade de protexer este referente no noso Concello.

O 30 de Outubro de 2009, o Goberno Municipal Sonense do Partido Popular, levou a Pleno a Proposta para Aprobación do Plan Especial do Castro de Baroña. Os que agora están sentados no sillón da Alcaldía e van de “abandeirados”e grandes defensores dos veciños, votaron en contra dese Plan alegando que se tiña que falar e negociar con todos os veciños afectados en dito ámbito do Plan, e que mentres non se fixese, non o aprobarían.. Paradoxas que ten a vida, fai uns días que o actual Concelleiro de Cultura, o Sr. Quintáns Vila, vanagloriábase de ter arranxado o tema porque chegou a acordo cun único veciño.

Dende o Partido Popular Sonense, gustaríanos saber se é que agora ó equipo de goberno non lle interesa xa falar co resto dos veciños afectados que antes tanto reclamaban dende a oposición.
Unha vez máis, voltan a amosar que o único que os move é o seu propio interese e non o interese xeral de tódoslos veciños deste Concello.

O que temos claro que con esta negociación personalizada e individualista, estase directamente facendo unha discriminación ó resto de veciños propietarios dentro do ámbito no que non se negociou ningún tipo de contraprestación, máxime que tódos teñen a mesma afección e dereito.

Os conservadores sonenses temos claro en seguir defendendo na urxente necesidade de protexer o Castro de Baroña, da mesma maneira que o fixemos mentres estivemos no Goberno, e agora na Oposición e non facendo cambios de posicionamento según interese o momento.

O que demostraron as declaracións efectuadas en diversos medios, tanto polo ex alcalde e Concelleiro de Cultura Sr. Quintáns Vila, así coma polo actual rexedor Pastor Rodriguez,indican ás claras que o Sr. Quintáns segue manexando o seu antoxo e tomando as decisións que él considera sen que a máxima autoridade local teña coñecemento da situación en que se atopan ditas negociacións.

Dende o Partido Popular sorpréndenos a acelerada solución acadada polo Sr. Quintáns despois, según él, de levar dende o ano 1999 negociando e non tomando decisións de intereses xerais por riba de intereses particulares.

O PP sonense vai solicitar Copia do presunto acordo de permuta acadado cun dos veciños afectados o igual que un Informe técnico de tasación dos terreos permutados nos que os terreos do Concello teñan unha equitativa valoración na permuta indicada.

SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

!!Salvemos o Castro de Baroña!!!

0 comentarios

TOMÉ INSTA O GOBERNO DO PSOE E BNG A APROBACIÓN DO PLAN ESPECIAL DO CASTRO DE BAROÑA.

* UN INFORME DOS EXPERTOS ALERTAN DA GRAVE SITUACIÓN NO QUE SE ATOPA O VESTIXIO CELTA.

*O PLAN REDACTADO DURANTE O GOBERNO POPULAR, CONQUERIU TÓDALAS AUTORIZACIÓNS NECESARIAS.

*ESTA FIGURA URBANÍSTICA É NECESARIA E IMPRESCINDIBLE PARA REDACTAR O FUTURO PLAN DIRECTOR.



Porto do Son, 11de Outubro de 2010

O Portavoz sonense do Partido Popular Manuel Tomé Piñeiro, insta o goberno bipartito do PSOE e BNG a que o Plan Especial do Castro de Baroña, sexa levado ó vindeiro Pleno Ordinario para a súa aprobación.

Hai que lembrar que a Redacción de dito Plan Especial foi cofinanciado polo Goberno Popular Sonense xunto á Consellería de Cultura tendo un coste de trinta mil euros.

Dada a voz de alarma que distintos expertos na materia están a amosar por mor do rápido e progresivo deterioro que está a sufrir o vestixio, fai que o tempo sexa un instrumento prioritario en canto ás primeiras actuacións de emerxencia a levar a cabo.

Esta iniciativa foi levada a Pleno para a súa aprobación no derradeiro Pleno Ordinario do mes de Outubro 09 presidido por Manuel Tomé , no que foi rexeitado polos Grupos que agora forman parte do Goberno Municipal xustificando que non se chegara a acordos cos afectados no ámbito da actuación.


Distintas agresións sufridas polo vestixio durante os dóus últimos anos, ben sexa, a construcción de milladoiros dentro do castro, as acampadas ilegais, visitas descontroladas, vasoira que deixan os visitantes dentro da mesma, etc…fan que xa non se poida esperar máis en escomenzar a actuar no ben para intentar na medida do posible minimizar os impactos e afeccións.

A aprobación de dito Plan Especial, que en esencia significa unha ordenación urbanística do ámbito, non supón en ningún caso ningunha expropiación ou similares dentro da delimitación.

Esta aprobación é o paso previo necesario para empezar a redactar o Plan Director do Castro, que vai supor ás delimitacións e usos o igual que as actuacións en distintas fases a levar a cabo para protexer o ben.

Dende o Partido Popular Sonense visto que este Goberno do PSOE e BNG segue deixando durmir no caixón da Alcaldía dito Plan, vémonos, ante a falla de sensibilidade que amosa este goberno bipartito polo patrimonio etnográfico municipal, a instar a que se leve a Pleno dita iniciativa ou no seu defecto o PP vai presentar unha Moción con carácter de urxencia para que a “desfeita do patrimonio etnográfico municipal” non siga a pasos axigantados deteriorándose o maior vestixio e icono turístico do noso Concello.


SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON