O Partido Popular de Porto do Son,vese na obriga de facer unhas declaracións ós medios para atallar a retaíla de mentiras que sen ningún tipo de recato lanzou o actual Alcalde a pasada semana.
É ben triste comprobar que Xoán Pastor é un fiel alumno do seu predecesor Quintáns, pois o tipo de política que fai caracterízase polo emprego das mesmas artimañas que o seu mestre: as mentiras e a tergiversación dos datos.
Coma ex-concelleira de Facenda vou aportar datos de primeira man no tocante a temas económicos, por iso, fartos de ler en distintos medios as constantes mentiras de Xoán Pastor, imos sintetizalas no seguinte:
* Reitérome en nome do equipo acerca de que deixamos un Remanente de preto de 600.000€ para pago de facturas atrasadas; superávit froito do enorme esforzo que fixemos na nosa etapa por equilibrar as contas municipais. O que nos preocupa é que vai alá máis de medio ano dende que PSOE e BNG están ó frente do goberno sonense e aínda non fixeron nada por pagar ós proveedores,pese a que dispoñen da citada cantidade económica para ese fin. Queda patente que as prioridades do novo goberno bipartito, son outras, pero non as de pagarlle ás empresas cas cales o Concello ten débedas pendentes.
Dende o PPdG non imos deixar de esixir que deixen de por trabas e axilicen dunha vez por todas eses pagos a máis dun cento de empresas coas que nós adquiríramos o compromiso de pagarlle a finais do 2009 con dito Remanente.
* Quixeramos aclarar igualmente que fai un par de meses o Concello veuse na obriga de facer fronte ó pago de determinadas facturas que 2 empresas,que por certo, unha delas segue traballando para o ente municipal, reclamaron por vía xudicial dito pagamento.O máis sorprendente é que tamén pediron o pago dos intereses respectivos polo impago en tempo e forma. Hai que recordar que estas facturas corresponden ós anos 2005 e 2006. Nos instamos ó bipartito para que negociasen con ditas empresas a petición dos intereses,xa que supón un precedente para ás que a posteriori denuncien dito pagamento ante ás instancias xurídicas.A negativa a mesma fai que por cabezonería deste governo,agora existan unha serie de empresas que presentaron a súa respectiva denuncia fiscal.
Esta é unha das moitas consecuencias que acarreou o goberno do PSOE respaldado polo BNG e que, unha vez máis arrastran a tódolos veciños deste concello ó pago dunha cantidade de diñeiro a maiores da que non se debía ter que pagar, como son os intereses. Pois hai que recordar que o pago de tales intereses sae das arcas municipais, é dicir, dos cartos de todos e cada un dos veciños de Porto do Son.
- Ocasións tivo o PSOE para haber pagado estas facturas, nos que ó fronte do concello estaba Quintáns como Alcalde e Xoán Pastor coma responsable de Cultura.
Ambos tiveron oportunidade de pagalas mediante os Presupostos que aprobaron no 2007, e nos que ben puideron incluir estas e outras facturas pendentes de pago, evitando así que estes proveedores tivesen que acudir ós Tribunais. Vese que xa daquela ésta non era a súa prioridade; a de pagarlle a quen traballa.
- No 2008 houbo outra vez a posibilidade de proceder ó pago desas débedas. Estando xa o PP ó fronte do goberno levamos a Pleno uns Presupostos nos que consignamos máis de 350.000€ para pago de facturas de anos anteriores, facturas das épocas en que Pastor era Concelleiro de Cultura e Quintáns era o Alcalde (e entre as cales incluíramos as mencionadas ata agora). Non era a nosa débeda, pero éramos conscientes de que a había que liquidar, pois entendíamos que quen traballara, debía cobrar.
A nosa sorpresa foi maiúscula cando na votación tanto o PSOE coma o BNG votaron en contra, levándose por diante a posibilidade de que por fin a eses pagamentos, e impedindo tamén, que se executasen todas as obras que levábamos reflexadas nese Orzamento.
Está claro que a súa intención cos votos en contra non era outra que boicotear calquera tipo de actuación que nós pretendéramos levar a cabo, aínda que fose positiva para o desenrolo do noso Concello. Soamente se afanaban en ternos atados de pés e mans, aínda que colateralmente estiveran deixando a Porto do Son sen a realización de novas infraestructuras e sen pagarlle ás empresas. Nada lles importaba,deixar ó noso Concello á cola dos da Barbanza en niveis de desenrolo. A obsesión era que mentras o PP gobernase non puidera facer nada. Para facer mal, PSOE e BNG xa se poñían dacordo fai moito tempo.
O pago destes xuros de demora cós cartos do Concello, é dicir, con cartos de tódolos veciños, é un dos moitos exemplos que os caprichos políticos do PSOE e do BNG nos acarrearon. Cartos que ben se podían estar destinando a acometer outras actuacións que boa falla fan, como pode ser tapar algún bache ou por algunha farola onde aínda non dispoñan delas.
A Realidade Económica do Governo Popular
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
martes, 22 de junio de 2010
11:02
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios :: A Realidade Económica do Governo Popular
Publicar un comentario