!!Un Porto Á Última!!

Os Populares Sonenses solicitan a inclusión da Zona Portuaria no Plan Piloto de Eficiencia Enerxética.

* O CONVENIO ASINADO ENTRE O INEGA E PORTOS DE GALICIA VAI ORIENTADO A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS INSTALACIÓNS PORTUARIAS.

* O PP SONENSE SOLICITA QUE SE INCLUA COMA SUXERENCIA ADICCIONAL NA REDACCIÓN DO PROXECTO DE REFORMA DA FACHADA MARÍTIMA DO CASCO DA VILA..

Porto do Son, 20 de Octubro de 2010

O Portavoz Municipal do Partido Popular, Manuel Tomé Piñeiro, ven de solicitarlle ós técnicos encargados da Redacción do Proxecto da Reforma da Fachada Marítima da Vila, a inclusión na mesma do Plan Piloto de desenvolvemento para a mellora da Eficiencia Enerxética que foi asinado entre o Ente Público Portos de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia(INEGA).
Este Convenio establece entre outras actuacións, a instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos así coma instalacións de plantas de cogeneración e trigeneración complementada coa instalación de paneis nas cubertas das instalacións existentes dentro do ámbito de delimitación portuario.

O Portavoz Municipal plantexa desta forma, a ampliación das suxerencias que os conservadores locais plantexaron coma formación política ó Ente Público de Portos co gallo de aunar tódalas demandas que os distintos colectivos quedaron de enviar.

Hai que lembrar que a reunión mantida por parte das Entidades usuarias do ámbito, xunto ós Portavoces dos Partidos representados no Pleno da Corporación, acordouse enviar ás suxerencias e propostas a Portos co gallo do seu estudo e consideración oportuna para o seu desenvolvemento.

Visto que o Ente Público Portos de Galicia estableceu entre as súas estratexias a mellora da eficiencia enerxética nos Portos da costa galega, os Populares presentan coma suxerencias complementarias ó Borrador do Proxecto de Reforma, o estudo e viabilidade como Porto Piloto para desenvolver o Convenio anteriormente citado.
Con esta Proposta quérese plantexar un proxecto, coma ben indicou o Presidente de Portos de Galicia, Sr. Alvarez Campana coma “un referente na Ría de Muros-Noia” e con visión de futuro.

Dende o PP Sonense, visto que este Bigoberno xa ten demostrado sistemáticamente a súa Incapacidade para plantexar Proxectos e Propostas de futuro para o noso Concello, seguiremos traballando a reo co gallo de que Porto do Son comence a senda dun mellor futuro do que o PSOE e BNG non son capaces a dar resposta.


SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios :: !!Un Porto Á Última!!

Publicar un comentario