A Sensibilidade Ambiental do Goberno PSOE e BNG
TOMÉ CALIFICA DE “ABERRACIÓN AMBIENTAL” A CORTA DA ARBOREDA NO MONTE DA TARELA.
Porto do Son, 10 de Xuño 2010
Co gallo do comenzo das Obras de Acondicionamento dos Terreos para a futura instalación da Piscina Municipal Climatizada no Monte da Tarela, atopámonos que se realizou unha corta da arboreda existente en gran parte do monte mencionado.
A sorpresa para o grupo do PPdG Pto. Do Son foi atoparse a meirande parte da corta, fóra do ámbito que non afecta á obra da futura instalación deportiva anteriormente mencionada.
Hai que recordar que o terreo do Monte da Tarela presenta un chan granítico moi pedregoso o que provoca que o sustrato de terra vexetal existente sexa moi delgado, o que fai que as variedades arbóreas que poidan ser idóneas para este tipo de chan sexa moi limitada o igual que o seu lento desenrolo a pesares de ser unha zona moi húmida.
Esta “aberrante” acción ambiental vai provocar que durante anos o Mte. Da Tarela non volte a ter unha boa masa de arborado e sombra coma ata agora tiña, máxime cando a propia configuración do monte fai que sexa unha futura zona de ocio e recreativa.
A teima do Grupo Conservador, indican que o futuro inmoble deportivo en prol de se integrar no ámbito onde se pretende realizar, fagan que o terreo se teña que adaptar á piscina, sendo a sensibilidade ambiental que o bipartito ten coas súas actuacións.
Vista esta “incoherente” actuación por parte do goberno municipal do PSOE E BNG no tema ambiental,máxime que este pasado fin de semana celebrouse o Dia Mundial do Medioambiente, preguntámonos: ¿Para qué se quere ter unha Concellalía de Medioambiente e Montes? ou, en tono jocoso, ¿Estará o Sr. Quintáns estudiando a posibilidade de construir chalets adosados no Mte. Da Tarela aproveitando a súa estratéxica ubicación?.
SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
jueves, 10 de junio de 2010
18:27
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O que fai a ignorancia tome!! Saves o que fan os eucaliptos en calquera terreo onde construías???
Que clase se ecoloxista es ti, cando protestas por unha tala da maios peste que temos nos montes de galicia.
Anónimo
11 de junio de 2010, 11:34Anónimo, teño duas dúbidas:
¿O verbo saber, en galego é con "v" ?
¿A segunda persoa de singular, do presente de subxuntivo do verbo construir é "construías" ?
Non sei se "Tomé" (con maiúscula e con til na "e") é un ignorante, pero eu no teu pelexo utilizaría outro término, porque está claro que moita cultura non tes.
Anónimo
17 de junio de 2010, 22:17