!!Moito falar e pouco facer!!



OS VECIÑOS DE QUEIRO “ESTÁN FARTOS” DAS PROMESAS INCUMPLIDAS DO GOBERNO BIPARTITO SONENSE.

*A ACTUACIÓN DE ARRANXO DO VIAL DE ACCESO A ALDEA FOI PROXECTADA E ORZAMENTADA POLO GOBERNO DE MANUEL TOMÉ.

* A PONTE DE QUEIRO NECESITA UNHA URXENTE ACTUACIÓN PARA EVITAR UNHA DESGRAZA.


Porto do Son, 22de Setembro de 2010


Os veciños da aldea sonense de Queiro atópanse desesperados ante os continuos incumprimentos que o Goberno bipartito do PSOE e BNG lles levan prometendo dende a súa entrada no goberno municipal.
Dicir que dita aldea atópase na parroquia de Nebra, nas faldas do monte Iroite e que actualmente preto dunha dúcia de veciños compoñen de forma permanente dito núcleo de poboación.

As queixas revindicativas véñense sucedendo dende fai anos, sin que ata a data de hoxe non conseguiran arranxar os problemas de acceso que teñen a dita aldea.

Hai que lembrar que dende que se construiu dito vial, unicamente o goberno popular de Manuel Tomé, fixo unha pequena actuación con carácter provisional de bacheado e deixando redactado e ornamentado para unha actuación integral de asfaltado xunto a unha actuación de carácter prioritario para arranxar a estructura da Ponte de Queiro, integrada en dito vial de acceso.

Está claro que este goberno non demostra a máis mínima preocupación en que se atopan os viales de acceso a distintos núcleos, prometendo actuacións pero que esperando as primeiras choivas do outono, non se ven perspectivas de actuar, oque pode provocar que finalmente queden intransitables a calquer vehículo convencional e chegado o caso, quedar totalmente desfeita e ter que facer unha nova actuación con uns investimentos moi superiores ós previstos.



Dende o PPdG imos seguir insistindo en reclamar dunha vez por todas que as verbas tan fácilmente explicativas de compromisos por parte do goberno do Sr. Pastor Rodríguez adquiridos, sexan realidades e non política electoralista a que nos teñen con suma facilidade acostumados.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios :: !!Moito falar e pouco facer!!

Publicar un comentario