!UNHA OPORTUNIDADE DE FUTURO PERDIDA!!
OS POPULARES SONENSES “LAMENTAN” O DESAPROVEITAMENTO DOS TERREOS FRONTE A CASA DE CULTURA DA VILA.
*O PP SEMPRE CONSIDEROU QUE SE DEBÍA DE APROVEITAR O DESNIVEL DAS RÚAS PARA HABILITAR UN APARCADOIRO SOTERRADO.
*O BNG PRESENTOU UNHA MOCIÓN PARA QUE SE CONSTRUISE A GALESCOLA DURANTE O GOBERNO DE MANUEL TOMÉ.
Porto do Son, 3 de Setembro de 2010
O Partido Popular Sonense lamenta que a actuación contemplada no Proxecto de acondicionamento do terreo diante da Casa de Cultura sonense, se perdera unha oportunidade de habilitar un aparcadoiro no corazón do Casco da Vila. Lembrar que este terreo é o único situado dentro do casco urbán de titularidade municipal na que se podría facer unha actuación de futuro e mellor aproveitamento posible.
O máis sorprendente para o PPdG Sonense, sexa o cambio inxustificado do posicionamento do Bloque Nacionalista Galego, xa que hai que lembrar que plantexou unha Moción para a Construcción da futura Gardería Infantil, antes coñecida por Galescola, e que foi apoiada no seu momento polo Goberno Popular de Manuel Tomé Piñeiro que lle puxo de condición a dotación do aproveitamento do soto para un Aparcadoiro tanto para os vehículos do Parque Móvil Municipal que actualmente están a intemperie, así coma a posibilidade de dotalo para aparcadoiro público. Nesta mesma Moción o PSOE capitaneado por Quintáns Vila, rexeitou dita proposta.
O PP sonense nunca estivo nin estará en contra de dotar dos servizos necesarios ós veciños do noso Concello para o seu uso e disfrute, sen embargo, non comparte que as obras se fagan a correr e sen perspectiva de futuro soamente mirando un único obxetivo que son as vindeiras eleccións municipais.
Está claro que o utópico proxecto do Sr. Quintáns Vila impúxose as teses defendidas ata ese intre polo BNG, xa que o ex rexedor nunca apoio unha actuación que non fose o vello sono de voltar a recuperar a antiga alameda.
Esta actuación que está contemplada e financiada polo 2º Plan Zapatero, leva coma execución estrela a dotación dun Parque Biosaudable que perfectamente compatibilizaría coa dotación soterrada de dito aparcadoiro sin provocar a incompatibilidade da sinerxia de ditas actuacións.
SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
viernes, 3 de septiembre de 2010
17:07
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Coincido totalmente co voso plantenxamento. Púidose facer o que se fixo e a maiores, ese aparcamento soterrado. O malo é que xa son moitas oportunidades perdidas polas presas e malas improvisacións.
Supoño que nalgún pleno se retirou a cesión para á gardería, ¿ou non? ¿De facela algún día, onde lle quedan solares ao Concello para facela dentro do casco urbano?
Por certo, para recuperalo vello soño do señor Quintáns de recuperala alameda, tería que tirar: a Casa do Mar, o Concello, a Casa de Cultura i esta obra. Vese que algún viven de soños.
Anónimo
3 de septiembre de 2010, 19:09