!!O PISTOLETAZO DE SAÍDA!!
PRESENTACIÓN PROVINCIAL CANDIDATOS ELECCIÓNS MUNICIPAIS MAIO 2010
O Pasado Sábado 18 de Setembro de 2010, celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións (PALEXCO) da cidade herculina, a presentación de tódolos candidatos alcaldables que o Partido Popular de Galicia vai presentar coma cabeza de cartel nos distintos Concellos da Provincia da Coruña.
Hai que indicar que o acto foi presidido polo noso Presidente do Partido Popular de Galicia D.Alberto Núñez Feijoo, que estivo acompañado polo Presidente Provincial do Partido D. Carlos Negreira xunto o resto do Comité Executivo Provincial conservador.
O noso candidato Manuel Tomé Piñeiro, participou en dito acto no que estivo acompañado e arropado por un grupo de Afiliados e Concelleiros que o Partido Popular Sonense ten na actualidade no Pleno da Corporación Local.
Indicar que dito ente provincial é o primeiro dos catro da nosa Comunidade que presenta oficialmente ós cabezas de cartel que conforman os noventa e catro Concellos da Provincia coruñesa.
O acto desenvolveuse cunha grande afluencia de afiliados e simpatizantes que abarrotaron a Sala Central de dito palacio.
Con este concurrido acto, dase así o pistoletazo de saída e a conta atrás de cara os vindeiros Comicios Municipais a desenvolverse o vintedous de Maio próximo.
O Presidente Nuñez Feijoo invitounos a traballar para crear unha Galicia que sepa adaptarse a realidade da situación en que nos atopamos e que dicir a verdade da escasez de orzamentos, indica que non se fagan promesas que non se poidan cumprir e se priorize en cubrir as necesidades vitais e sexa síntoma dunha xestión eficaz e comprometida cos veciños que son quen sofren as consecuencias desta crise que non provocaron.
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
miércoles, 22 de septiembre de 2010
22:40
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios :: !!O PISTOLETAZO DE SAÍDA!!
Publicar un comentario