!POR UNHA FACHADA MARÍTIMA DE FUTURO!!
PROPOSTA DE SUXERENCIAS DO PP SON SOBRE PROXECTO REFORMA FACHADA MARÍTIMA
Vista a Reunión de Constitución da Comisión de Traballo sobor do Proxecto de Reforma da Fachada Marítima no Casco da Vila, o pasado Mércores 15 de Setembro de 2010 na Sede de Portos de Galicia.
En dita Reunión de Traballo, acordouse por parte dos presentes, enviar as súas diferentes Propostas a valorar e considerar por parte do Ente Autonómico co gallo de integralas, na medida das súas posibilidades en dito proxecto.
Ante dito acordo, o Partido Popular de Porto do Son e mediante o seu Portavoz Municipal D. Manuel Tomé Piñeiro, vistas as súas demandas, acorda transmitir as seguintes Suxerencias para a súa valoración e consideración oportuna a integrar en dito Proxecto:
1-Consideramos como Premisa Fundamental que Tódalas Entidades, en base as súas propias e lexítimas demandas, se integren da forma que mellor consensúen, partindo do Principio de ecuanimidade por parte de tódalas partes afectadas.
2-Técnicamente, consideramos que este Proxecto debe establecer unha homoxenidade e continuidade no encontro das distintas rúas que confluen a dita fachada portuaria. Por elo, consideramos que o tipo de material granítico que representa o pavimento das beirarrúas sexa igual o que provoca os cruces de encontro coas rúas que finalizan na mesma.
Debemos indicar que toda as beirarrúas da primeira linea, deben ser contínuas en toda a lonxitude existente, é decir,que o encontro beirarrúa-rúa debe ter unha mínima rampla que faga a accesibilidade dos vehículos sin por elo perder a bifuncionalidade da beirarrúa. Tamén decir que, na medida do posible, a alineación de delimiticación de xurisdicción que foi cedida a Portos de Galicia, debe aproveitarse na súa integridade, quero esto decir, que a extensión do pavimento de pedras albardera chegue ós laterais da fachada naqueles lugares que non teñan unha alineación lineal sino que se adentre para atrás de dita linea.
3-Unha das obras estrela que debería na medida posible de facerse realidade, sempre con visos de futuro, sería a Creación dun Aparcadoiro Soterrado en toda a extensión existente dentro da delimitación do bordillo da explanada portuaria, cumpliría así unha doble funcionalidade:
a)+ Servizo o Casco da Vila
b)+Servizo a tódalas Entidades Usuarias do ámbito da Zona Portuaria do Casco sonense.
Consideramos que é perfectamente factible e viable, sempre pensando no Proxecto de creación dentro do Casco da Vila dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI), onde unha das súas grandes estratexias consistirá na Peatonalización e Limitación de aparcamentos dentro das rúas do Casco da Vila, partindo da singularidade das rúas que como pobo mariñeiro tradicional presenta sen unhas alineacións e ordenacións acorde o que hoxe se considera normal.
4-Estudo da proposta para minimizar a entrada de area na zona verde existente dentro do porto. Hai que lembrar que a formación recente dunha praia dentro do Casco da Vila, pola modificación artifical das correntes marinas, está a provocar, coma ben se manifestou na reunión, unha preocupación cada vez máis crecente polo fenómeno de sedimentación de area que empeza a provocar os primeiros problemas na dársena o igual que o continuo coste de retirar do petril a acumulación de area que os ventos predominantes transportan.
Plantexamos en dito petril unha actuación para a súa consideración da Instalación de paneis de metacrilato dunha altura entre 2-2.5m atornillados a todo o largo do petril o fronte de area como medida preventiva ou no seu caso estudar unha actuación de Creación dunha doble Duna Artifical a cabalo entre o Parque e a Praia da Vila (xusto a zona pavimentada) e a fixación e consolidación de ditas dunas mediante especies propias e endémicas dos sistemas dunares.
5-Na entrada o muelle portuario polo lado do parque, onde actualmente está o petril grande que chega case a caseta do surtidor de combustible, Estudar o Acceso o mesmo retirando un par de aparcamentos de dita batería e facendo unha prolongación da acera de gris mondariz que se executou na segunda fase de reforma do porto.
A idea é que este muelle que leva á rampla de varada, se plantexe a todo o largo do petril un Aparcadoiro en espiña inclinada (45º) e habilitando unha pequena rotonda o final do petril para que xiren os vehículos que acceden tanto á Praia da Vila coma a Zona de Varada das embarcacións.
Dicir que en este lugar, plantexar o Peche perimetral que delimite toda a zona de varada e reparación de embarcacións sería o máis prudente en canto a riscos para os viandantes e usuarios da zona da Praia e o seu entorno.
Consideramos dende o PPdG Sonense, que a limitación a vehículos dende a zona de varada hacia o muelle de contención de area coma o petril de contención de area,debería estar automáticamente prohibida, exceptuando os servizos de emerxencia ou similares para dito areal.
6-Igualmente foi exposto nesa reunión, a Creación dunha Infraestructura que dé cobertura ás necesidades de Waters, Cambiadores,así coma unha Cafetería que en conxunto den servizo tanto a Praia coma o Parque Infantil así coma a Zona de reparación de varada das embarcacións.
7-Finalmente, unha proposta que o Portavoz Popularanunciou en dita reunión, era a Creación a todo o longo da Fachada Marítima dun Carril-Bici que chegaría ata o límite xurisdiccional da competencia de Portos e que entroncaría co Paseo Marítimo na zona da Sagrada co gallo de facer unha continuidade en todo o perímetro da costa do Casco da Vila.
Por todo elo, dende o Partido Popular de Porto do Son, plantexamos estas Iniciativas para a súa consideración e estudo,sempre abertos ás suxerencias e opinións de tódalas partes afectadas no ámbito da actuación prevista.
Quedando o seu enteiro dispor,tanto para as explicacións oportunas ou calquer outra consideración que se necesite.
Recibe un cordial saúdo.
MANUEL TOMÉ PIÑEIRO
PORTAVOZ DO PPdG Porto do Son
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
miércoles, 29 de septiembre de 2010
16:11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios :: !POR UNHA FACHADA MARÍTIMA DE FUTURO!!
Publicar un comentario