!!QUE DIGAN A VERDADE DUNHA VEZ!!!





D. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, na condición de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Pto. Do Son, e de conformidade co prevenido no artigo 23.1. da Constitución Española; 77 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réximen Local, e 14 a 16 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xurídico das Corporacións Locais (ROF 258/86 do 28 de Outubro);



ANTECEDENTES:
Desgraciadamente un novo episodio da DESFEITA URBANÍSTICA volta a facerse realidade no Casco da Vila coa “rehabilitación” da suposta antiga fábrica de salgadura para a conversión en Museo do Mar e Etnográfico do noso Concello.

Esta situación aínda é máis gravosa, xa que o ente promotor do proxecto é o Concello de Porto do Son.

Está claro que o continuismo da desfeita ten un novo significado para este bigoberno igualando o termo Rehabilitación ó de Demolición.

Visto que este Goberno do PSOE e BNG manteñen que o inmoble adquirido polo ente local, albergou a anteriormente mencionada fábrica, e na que os anteriores propietarios afirman que en ningún intre alí existiu tal actividade conserveira, simplemente foi un antigo forno de leña que estivo activo ata mediados dos anos 50 do século pasado.

Tanto o Rexedor Local, D. Pastor Rdrguez., así coma a Tenente de Alcalde, a nacionalista Dna. Ánxela Franco, sempre afirmaron públicamente as orixes do sector da salgadura, e non existe no Expediente de referencia de dito Proxecto, ningún documento que atestigue ou confirme as orixes conserverías de dito inmoble,máxime anunciando que as pías estaban soterradas e coa demolición efectuada nestas datas, ponse de manifesto que esas afirmacións eran totalmente mentira, por todo elo,

SOLICITO:

Copia de documento acreditativo ou ben documentación bibliográfica de referencia ou similar que atestigue ou fundamente que o inmoble que albergará o futuro Museo do Mar e Etnográfico, foi unha antiga fábrica de salgadura.



Porto do Son, 18 de Novembro de 2010


Asdo.

Manuel Tomé Piñeiro
Portavoz Municipal do PPdG de Pto. Do Son

1 comentarios :: !!QUE DIGAN A VERDADE DUNHA VEZ!!!

  1. Non pedir peras o olmo, non van decir a verdá sobre nada. Todas as iniciativas creativas son botadas abaixo por este sucedáneo de goberno, o do museo do mar non é mais que unha copia ridícula pa meter os cachivaches de mariño, un museo do mar como é debido teno Vigo e aquí podíase facer algo orixinal, pero nón, faise o mínimo por cen en moitas cousas pero nada funciona, 50 casas de cultura mal atendidas, carreteras amañadas con bacheados que as fan mais inseguras, o alumeado de moitos sitios deixou de funcionar e non volve a estar operativo, non hai web do concello, insultan a xente na unica web que tuveron e agora está sin administración, tumban a movida urbana, os cursos, o festival celta, fan un bodrio de festas e.... onde está o wifi ese que iba poñer franco?
    ¿quen fala ahora de touriño?... bueno pois eso destes o mismo dentro de 6 meses á calle, eles mismos se poñen en evidencia.

Publicar un comentario