SOLICITUDE EXPLICACIÓN DA VIAXE A MADRID


Dn. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, en calidade de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son, presenta para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario a seguinte solicitude:


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


Visto que o pasado Pleno Ordinario Mensual do Venres 29 de Outubro de 2010,no que o actual Rexedor sonense D.Xoan Pastor Rodríguez Santamaría ausentouse do máximo órgano corporativo do ente municipal xustificando a Alcaldesa en funcións Dna. Ánxela Franco Pouso que “se atopaba de viaxe por motivos de traballo” sin darnos ,o goberno bipartito sonense do PSOE e BNG outra explicación da mesma.

Coma ben se tratou durante o desenvolvemento do Pleno Ordinario, introduceuse por via de urxencia unha Moción de Apoio a Viabilidade da Planta de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos de Lousame e a Mancomunidade do Barbanza na que dende o Partido Popular de Porto do Son, consideramos convinte presentar unha serie de Enmendas co gallo de fortalecer dita Moción presentada polo Comité de empresa para o seu debate e aprobación.

Tristemente este Goberno PSOE e BNG, volta a amosar o “desgoberno”de criterios que o definen coma ben se demostrou con esta Moción.

Na Reunión de Portavoces previa á celebración do Pleno, onde o PP presentou as Enmendas que no fondo eran pequenas puntualizacións sobre a Moción base a debater, a Alcaldesa en funcións, Dna Ánxela Franco anunciou que o BNG do que ela é a Portavoz, ía votar a favor da introdución das mesmas no Pleno.

No debate da Moción no Pleno, a actual Concelleira de Medio Ambiente Dna. Carmen Varela Donoso, que exerceu a defensa de dita Moción, indicou que dende o BNG non ían apoiar ditas Enmendas porque, según eles”,non tiñan sentido introducilas xa que se “entendían que xa estaban recollidas”.

Paradoxas da vida, que na Quinta Enmenda presentada polos Populares decía:“Pedir a Intermediación do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino, así coma a Xunta de Galicia para que, na medida do posible, mellorar o sistema que efectúa Ecoembes en Galicia.”

A Sra. Varela Donoso xustificaba neste apartado, que “había que evitar meter outros Organismos neste tema porque xa eran suficientes os que había”.

A nosa sorpresa é “Maiúscula”, cando nos enteramos polos medios de información a visita que o Rexedor fixo á Sede do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino acompañado polo Rexedor noiés, que según parece, foron a negociar con funcionarios de dito Ministerio para mediar ante a sociedade Ecoembes polo problema existente.(Voz de Galicia,31 de Outubro de 2010).


Visto que este Bigoberno, coma ben o anunciamos reiteradamente, componse de dous criterios e as súas contradiccións manifestas públicamente amósannos que cada Partido que o compón, “vai según lle veña a ben posicionarse”, ante tal situación e non véndose un criterio claro e único do goberno do PSOE e BNG,


SOLICITAMOS:

1-No vindeiro Pleno Ordinario se engada un Punto específico no que o Alcalde da Corporación explique ás xestións realizadas na viaxe realizada a Madrid o pasado Venres 29 de Outubro de 2010.

2-Posibilidade de dous turnos de intervencións a tódolos Portavoces representados no Pleno da Corporación para o seu debate e explicacións oportunas.

PORTO DO SON, 2 DE NOVEMBRO DE 2010

Asdo
MANUEL TOMÉ PIÑEIRO
Portavoz do PPdG Pto. Do Son

0 comentarios ::

Publicar un comentario