!!!O CONTINUISMO DA DESFEITA !!!



A “REHABILITACIÓN” DO FUTURO MUSEO DO MAR DO SON

Estamos asistindo estes días a un novo episodio da, desgraciadamente coñecida DESFEITA URBANÍSTICA, que nesta ocasión a piqueta levouse por diante unha antiga casa tradicional mariñeira que albergaba un antigo forno de leña.

Este Proxecto de Rehabilitación para o futuro albergue do Museo do Mar e Etnográfico de Porto do Son, representa a Insensibilidade e o Continuismo dunha política urbanística que o PSOE sempre levou a cabo durante os seus mandatos, e agora ten o apoio do BNG coma cómplice de dito escarnio.

No seu momento, o PP de Porto do Son aplaudiu a súa compra co gallo de salvar unha edificación singular do Casco da Vila da piqueta que segue imparable e máxime, coma promotor da mesma, o bigoberno do PSOE e BNG.

Tristemente a historia da edificación do antigo forno, xa forma parte da memoria da arquitectura sonense coma un triste novo episodio de demolición dos valores de edificacións singulares do noso pobo.

A falla a verdade sistemática do Rexedor Pastor Rodríguez así coma a Tenente de Alcalde a Sra. Franco, enunciando e afirmando que este antigo forno foi nun tempo unha presunta fábrica de salgadura e que as pías da mesma atopábanse soterradas.Desgraciadamente o facer a demolición do inmoble, pódese observar que no chan da mesma unicamente hai area e nin unha simple sinal da existencia dalgunha pía.

O PPdG do Son vai seguir coa loita por intentar frenar dalgún xeito con esta “sangría” da memoria arquitectónica do noso Concello, petando en tódalas portas posibles e necesarias para que as administracións superiores se fagan eco e actúen contra esta lacra de intereses inmobiliarias duns cantos.

Esperemos que as nosas denuncias públicas destes “desalmados e insensiblesgobernantes que non amosan ningun remordemento de borrar a memoria e identidade do noso pobo, teñan a súa merecida resposta no momento oportuno.

Manuel Tomé Piñeiro
Portavoz PPdG Pto. Do Son

0 comentarios :: !!!O CONTINUISMO DA DESFEITA !!!

Publicar un comentario