!!Os Populares Sonenses co Noso Lider Tomé!!!


A raíz da difusión por parte do Goberno Municipal actual da Incoación de Dilixencias Previas polo Xulgado de Instrucción de Noia co fin de verificar a legalidade o non dunha subvención no seu día outorgada para un Programa da Terceira Idade en Balnearios, debemos por en coñecemento da opinión pública en xeral o seguinte:

1- Que a citada subvención foi obtida polo Concello de Porto do Son polo trámite legal correspondente e destinada os seus beneficiarios ó Programa Termal dirixido ós veciños da Terceira Idade.

2- Por elo os eiquí presentes non teñen nada que ocultar nin nese nin noutro asunto de incidencia municipal durante o periodo no que estivemos ó frente do Goberno Municipal e daremos tódolos detalles que o efecto nos soliciten dende o Xulgado de Noia que tramita as citadas dilixencias.

3- Que por respeto a dito órgano xudicial non se aportará dato algún en tanto non se atope vixente as correspondentes dilixencias e en ningún caso con anterioridade a por os datos e os feitos en coñecemento da autoridade xudicial.

4- O Grupo de Goberno actual en Porto do Son non ten autoridade moral para dar leccións de legalidade ós membros do Partido Popular por canto algún dos seus membros atópase na actualidade procesado polas sus prácticas por todos coñecidas cando se atopaba ó fronte do Goberno Municipal. Actualmente a Fiscalía coñece asi mesmo de diversos aspectos relacionados coa súa xestión ó longo dos últimos anos, cuxos datos, polos mesmos motivos antes expostos de respeto á autoridade xudicial, polo momento non serán obxeto de difusión pola nosa parte.

Asdo.
Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son
Porto do Son, 25 de Novembro de 2010

1 comentarios :: !!Os Populares Sonenses co Noso Lider Tomé!!!

  1. A embaixada de Corea do Norte solicita que non utilicen a palabra Lider con exclamacións posto que pensamos que so debe usarse para referirse o noso queriodo Lider Kim Il Sung o no seu defecto o seu fillo Kim Jong Il, ou actualmente Kim Jong-Un. Moi agradecidos.

Publicar un comentario