Moción Solicitude Estudo alternativo EDAR Tarrio


Dn. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, en calidade de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son, presenta para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno ordinario a seguinte Moción:


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


Visto que por parte do Goberno Bipartito sonense non se nos facilita a información técnica pertinente requerida referente ó Estudo de Ubicación de Alternativas da Depuradora de Tarrío, vémonos na obriga, vista a inquietude e alarma social que está provocando dita instalación, a propor, xa que non temos opción de ver e opinar a presunta proposta elexida, a estudar unha alternativa que satisfaga e resolva o problema social que este goberno do PSOE e BNG provocou entre os veciños das parroquias afectadas, estámonos a referir as parroquia de Queiruga e a de Baroña.

Analizada dunha forma superficial as condicións xeoestratéxicas do Proxecto que o ente público Augas de Galicia redactou para ditas parroquias, e , valorando a grande cantidade de dificultades de índole ambiental, paisaxística, arqueolóxicas e sociais que está a representar, dende o PPdG de Porto do Son queremos plantexar unha Proposta para o seu estudo técnico pertinente e consideración.

O obxectivo principal é Consensuar cos veciños das parroquias de Queiruga e Baroña, a ser posible, unha proposta beneficiosa para ambalas dúas e solucione o problema social e técnico xerado.

Coma ben se dixo anteriormente, collendo coma base do estudo o Anteproxecto da EDAR de Tarrío redactado pola consultora CIISA(xuño 2003), podemos facer as seguintes interpretacións para a súa valoración:

*Segundo dito Anteproxecto, tomando coma referencia o Tramo Sur do mesmo, que correspondería entre a Zona Límitrofe coa parroquia de Caamaño ata o lugar da Ponte (zona limítrofe coa parroquia de Baroña), non se produciría ningún tipo de variacións en dito anteproxecto anteriormente indicado.

*No Lugar da Ponte, onde presuntamente se pretendía ubicar a depuradora, instalaríase no seu lugar un Bombeo (se reubicaría eiqui o que antes ía en Abuín), e recollería os Colectores do Río Mayor e o Colector de Tarrío (igual que no anteproxecto non variarían).

*O Tramo dende o Lugar da Ponte ata o Tramo Vello da AC-550 do Castro de Baroña (lugar onde entronca o tubo de Impulsión do Castro co Colector de Abuín) iría en impulsión ata o seu entronque, estudándose a posibilidade de instalar unha ventosa en dito entronque así coma a rotura de carga da mesma.
Dicir que iste sería o punto de cota de máxima altitude en todo o percorrido.

*Dende ese entronque ata o Bombeo da Arnela iría o Colector de Abuín (que non variaría nada do seu percorrido previsto no anteproxecto agás a reubicación do bombeo que ía en Abuín coma ben se indicou anteriomente).

*Dende o Bombeo da Arnela iría un Tubo de Impulsión ata conectar coa Rede Separativa do lugar de Xío. Este tramo sería o que maior variación representaría, xa que non se contemplaba no anteproxecto. Estaríamos falando da instalación de un tubo en impulsión de 110 de diámetro e 16 atmósferas aprox. nun percorrido de mil metros de lonxitude pola marxe dereita da AC-550 en sentido ó Casco da Vila.

*Unha vez entroncado no Lugar de Xío na Rede Separativa do Casco da Vila, iría ó Bombeo instalado na Zona Portuaria de Pto. Do Son( Bombeo Son) e de ahí a EDAR de Loreto.

Vista esta descripción técnica por tramos, podemos indicar que non existe variación do número de bombeos (4) que se preveía agás a reubicación da de Abuín que se instalaría no Dique. Tamén é de indicar que con esta proposta aumentaríamos os metros de tubaxe de colectores respecto ó de impulsión.

Prevendo que este proxecto está dimensionado para 2000 habitantes-equivalentes e o EDAR Loreto ten unha previsión de 10500 habitantes-equivalentes, sería perfectamente factible a previsión e dimensionamento de caudales. O único que pensamos que se necesitaría, sería un reforzo da potencia do Bombeo de Pto. Do Son que seguramente habría que instalar unha Terceira Bomba de apoio.


Por todo elo,


SOLICITA:


1-Que se faga un Estudo Técnico e Económico riguroso para a Viabilidade da proposta de enviar os verquidos de saneamento das parroquias de Queiruga e Baroña á EDAR de Loreto.

0 comentarios :: Moción Solicitude Estudo alternativo EDAR Tarrio

Publicar un comentario