AUGAS DE GALICIA COMPROMÉTESE A ESTUDIAR A PROPOSTA DO PP SOBRE A EDAR DE QUEIRUGA.


*A PROPOSTA FOI REXEITADA EN PLENO POLO PSOE E BNG.

*O PP PIDELLE QUE NON SE PERDAN OS 3,6 M € DO PROXECTO.


Porto do Son, 14 de Maio de 2010


O pasado Venres o Voceiro Municipal do PPdG, Manuel Tomé Piñeiro, foi recibido pola Presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez. Dita audiencia foi solicitada polo grupo conservador a raíz da negativa plenaria por parte do goberno municipal do PSOE e BNG de rexeitar facer un estudo de viabilidade para que os verquidos das parroquias de Baroña e Queiruga sexan tratados na actual EDAR Loreto.

Hai que lembrar que a polémica ubicación desta nova depuradora provocou un amplo rexeitamento social en ambas parroquias afectadas, polo que a búsqueda dunha solución técnica e social consensuada é o que levou o PP Pto. Do Son a plantear dito estudo mediante a presentación dunha moción plenaria.

O silencio, a desinformación e posterior negativa a estudiar dita proposta, fixeron que dende as filas populares a teima a perda da inversión aprobada polo goberno de Nuñez Feijoo, fose o síntoma da incompetencia e incapacidade de darlle unha solución adecuada a dito tema.

Coma ben se puido comprobar nas declaracións efectuadas polo Alcalde Xoan Pastor Rodriguez e corroboradas pola Tenente Alcalde Anxela Franco, referentes a dita obra, que non plantearían ningún estudo alternativo a ubicación que, segundo o goberno “hai un grande consenso na ubicación”. Recordar que a plataforma vecinal recolleu sinaturas rexeitando a ubicación prevista.

Os distintos atrancos e silencio que o goberno bipartito intentou facer do tema, levaron o PPdG Pto. Do Son a intentar plantexar solucións alternativas ante instancias superiores visto que o rexeitamento a estudar as solucións que o Grupo Popular plantexaba para o mesmo, sempre foron sistemáticamente anuladas.

O Voceiro Municipal, Manuel Tomé, corroborou en dita reunión o incumplimento por parte do goberno do PSOE e BNG dos compromisos e plazos asumidos ante o ente público Augas de Galicia.
Segundo manifestou a presidenta de dito ente, “había uns prazos comprometidos e consesuados coas autoridades municipais que non os cumpliron”.

Ante esta afirmación, o Voceiro Municipal insistiulle en pedir que non se perdan os cartos comprometidos co Concello de Porto do Son e buscarlle unha solución o tema.

Finalmente indicar que o PPdG de Pto. Do Son ten unha obriga cos veciños do noso Concello de loitar por conquerir a maior cantidade de inversións posible para tódolos sonenses aínda que a incapacidade do bigoverno municipal sexa patente.

0 comentarios :: AUGAS DE GALICIA COMPROMÉTESE A ESTUDIAR A PROPOSTA DO PP SOBRE A EDAR DE QUEIRUGA.

Publicar un comentario