*MUTISMO POR PARTE DO GOBERNO DO PSOE E BNG SOBRE O ESTADO DOS TRÁMITES DA DEPURADORA.
*DESPOIS DE DOUS MESES, O PPdG DE PORTO DO SON TIVO ACCESO Á DOCUMENTACIÓN
Porto do Son, 24 de Abril de 2010
O PPdG de Porto do Son, descoñece en que estado se atopan os trámites administrativos, referentes á instalación da E.D.A.R de Queiruga-Baroña, posto que o tempo trancorre e o goberno municipal do PSOE e BNG non da sinais da situación na que está dito proxecto.
Como é ben sabido o Partido Popular de Porto do Son solicitou o pasado 25 de febreiro de 2010 poder consultar o expediente referente a dito tema. O 21 de abril de 2010, por fin se notificou poder consultar dita documentación. A sorpresa por parte dos populares foi que soamente constaba o Estudo de Alternativas de Ubicación da E.D.A.R de Tarrío que databa de xaneiro de 2010.
Segundo os medios de comunicación, o goberno municipal sonense adquiriu un compromiso con Augas de Galicia de presentar nun prazo de mes e medio, (45 días concretamente), o Anteproxecto da nova ubicación o igual que as autorizacións e a disposición dos terreos necesarios para dita obra. En principio o prazo remataba a principios do presente mes de Abril de 2010.
Tamén hai que indicar, que o PP sonense presentou unha Moción o pasado 15 de marzo de 2010, plantexando facer un Estudo de Viabilidade para o envio dos verquidos de ditas parroquias á E.D.A.R. de Loreto, dado a gran inquietude e alarma social que se xerou en ambas parroquias. Desgraciadamente o pasado 23 de marzo o goberno municipal do PSOE e BNG, votou en contra da proposta plantexada polo PP.
Por todo isto, ao PPdG de Porto do Son creálle moita incertudume o silencio e ocultismo que este bipartito ten sobre dito tema, xa que o marketing e a publicidade nos medios de comunicación é a súa forma de entender a xestión dun concello.
“¿A qué se debe este silencio por parte do equipo de goberno actual?, ¿será que están silenciando a posiblidade de que se perdan os 3,6 millóns de euros deste proxecto?.
0 comentarios :: O PP DE PORTO DO SON TÉMESE QUE SE PERDAN OS CARTOS DA EDAR PARA QUEIRUGA E BAROÑA.
Publicar un comentario