NOTA DE PRENSA DE MANUEL TOMÉ PIÑEIRO
A raíz das publicacións aparecidas nalgúns medios de comunicación no pasado Martes tres de agosto do presente, observo a necesidade de manifestar que tanto o contido das mesmas coma os titulares que se anunciaban, constituen uns feitos absolutamente falsos e carentes do máis mínimo rigor. Dn. Francisco Maneiro Mondelo, propietario dunha edificación na Praza de España de Porto do Son que foi reiteradamente paralizada na miña etapa coma Alcalde da Corporación e que constitue unha das últimas desvergonzas do urbanismo deste pobo, agrediu física e verbalmente a distintas persoas da miña familia sen lugar a dúbidas polo mero feito de ser eso, familiares meus, do Alcalde que paralizou a súa obra.
Por istes feitos procedeuse á interposición da correspondente denuncia ante a Garda Civil de Porto do Son e será o Xuzgado de Instrucción de Noia quen repoña o orden alterado única e exclusivamente pola forma de producirse do Sr. Maneiro Mondelo.
Coma representante público na actualidade na oposición, non aceptarei a provocación, a agresión física nin a chantaxe coma métodos para eludir a legalidade vixente, e ista legalidade é a que debería impedir que se consumaran aberracións urbanísticas coma a que sen dúbida privarán ós veciños de Porto do Son dunha zona especialmente fermosa coma é a Praza de España. O Sr. Maneiro Mondelo debe saber que hai outros métodos para facer valer os seus máis que cuestionables dereitos antes de insultar e agredir ós familiares dos representantes públicos polo mero feito de selo.
Atentamente,
Porto do Son, Martes 3 de Agosto de 2010
Asdo.
Manuel Tomé Piñeiro
76.965.880-Z
Campaña Orquestada para desgastar a imaxe do Noso Lider
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
jueves, 5 de agosto de 2010
13:14
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Como é posible ter tantas faltas de ortografía nun texto tan pequeno? Os representantes públicos deberan ter que escribir e expresarse coa máxima corrección lingüística. Aplíquense, por favor.
Anónimo
8 de agosto de 2010, 16:10Parece que o que máis lle preocupa en Porto do Son a algúns son seis (6) faltas de ortografía, e non como presuntamente se foi a "provocar" a unha familia que vive do seu traballo, por mor de prexudicar politicamente ao seu fillo.
Resulta cando menos curioso que dos preto de dez mil sonenses que formamos este pobo, sen contar aos miles de turistas que nesta época nos visitan, a terraza dese bar entorpecese única i exclusivamente o paso desta familia.
Coñecendo os antecedentes e a rúa, é difícil abstraerse e pensar mal.
Retomando a recomendación do comentarista e sen obvialo tema principal, concordo que os representantes públicos deberan ter que escribir i expresarse coa máxima corrección lingüística, pero todos, non vaia a pensar que outros o fan mellor. Só hai que escoitalos no pleno ou na televisión, para que se vexa que todos e todas, meten demasiado a pata.
Anónimo
8 de agosto de 2010, 18:25NON DEIXA DE SER CURIOSO...CANDO A SUA NAI DOULLE UN ALTILLO O SEU EDIFICIO, NON DIXO NADA...¡E LOXICO!..PRA EL HAY VECIÑOS/AS DE PRIMEIRA E DE SEGUNDA. ¡VER PARA CREER!
Anónimo
4 de septiembre de 2010, 2:06Se fose certo, aí tiveron unha boa oportunidade o PSOE e BNG para frear en seco a carreira de Manolo como político, pero mentres dende a oposición facían esa mesma acusación, dende o bigoberno non foron quenes de mantela e de aí que nin denuncia houbese por este suposto tráfico de influencias.
Agora si, como anónimos podemos dicir todo o que nos pete, pero a verdade non ten más que un camiño, por moitas curvas que este teña.
Anónimo
28 de septiembre de 2010, 10:21