Orzamentos 2010

TOMÉ ANUNCIA QUE APOIARÁN OS ORZAMENTOS 2010 COA CONDICIÓN DE QUE SE PAGUEN TODALAS FACTURAS QUE SE LLE ADEBEDAN ÓS PROVEEDORES.

*A SRA. FRANCO PROMETEU O PAGO A TÓDOLOS PROVEEDORES ANTES DE ENTRAR NO GOVERNO MUNICIPAL.

*O PSOE E BNG REXEITARON OS ORZAMENTOS 2008 DO GOVERNO POPULAR DE MANUEL TOMÉ PIÑEIRO.

Porto do Son, 5 de Agosto de 2010


O Portavoz Municipal do PPdG de Porto do Son, Manuel Tomé explicou que apoiarán os futuros Orzamentos de 2010 que plantexan levar á Comisión Informativa extraordinaria que se vai celebrar o vindeiro venres 6 do presente coa única condición de que se fagan efectivos os pagos a proveedores que o Concello adebeda a numerosas empresas.
Hai que recordar que a meirande parte desa débeda corresponde ós anos 2005 e 2006, baixo o governo socialista de Quintáns Vila.

O Portavoz Municipal do PP aclarou que, coma xa viñan revindicando dende fai meses, a condición que poñían para apoiar os Orzamentos do Governo Mcpal., dos que o bipartito anunciou coma un dos seus compromisos de governo trala moción de Censura, serían uns Orzamentos consensuados con tódolos grupos políticos que teñen representación no Pleno da Corporación e que a voceira Sra. Franco Pouso anunciara públicamente ise compromiso.

Cando o Grupo Municipal Popular sonense deixou o Governo, deixou un superávit de case 600.000€ para o pago de facturas.Esperemos que tanto o PSOE e BNG fagan efectivo ditos pagos xa que ese diñeiro quedou destinado con esa finalidade.

Hai que recordar que este Concello a día de hoxe non debería ter a débeda que ten comprometida, si durante o Governo Popular, PSOE e BNG non houbesen votado en contra do pago desas facturas nos Orzamentos do 2008.
Nese Orzamento 2008, o PP quixo facer fronte ó pago dunha parte da débeda a traveso dos Orzamentos, xa que a maioría dele correspondía a ejercicios anteriores e que debían ser recoñecidos plenariamente coma pagos extraordinarios o non corresponder ó ejercicio vixente.

O Governo conservador tiña un proxecto en fases durante esta legislatura para finalizar a mesma e con pagos unicamente do ejercicio vixente, e que desgraciadamente, rompeuse dita proposta ó rexeitar o bipartito co seu voto en contra ditos Orzamentos 2008. Desta forma, centos de empresas viron coma se lle esfumaban as posibilidades de por fin cobrar o que se lle debía.

Xa que o PSOE e BNG non nos deixaron facer efectivo ditos pagamentos, a esixencia dos conservadores pasa obligatoriamente sanear ditas débedas, máxime cando a situación económica da meirande parte dos proveedores é difícil coa coyuntura económica que estamos atravesando.

En canto ás obras contempladas no Orzamento 2010,debemos decir que dende o PP sonense todo o que sexa melloras para ós veciños, benvidas sexan.
Apoiaremos todo tipo de infraestructuras que supoñan unha mellora de calidade de vida para os veciños.

O máis lamentable e triste é que moitas desas obras poderían ser xa unha realidade se o PSOE e BNG non votasen de forma sistemática en contra de todas as iniciativas que os conservadores pretendíamos levar a cabo durante o noso governo.

Os Orzamentos poderían estar aprobados fai dous anos (2008) de non ser que PSOE e BNG poñíanse de acordo co gallo de paralizar todo o posible da nosa xestión.Agora que están no Goberno, votarán a favor porque son eles quen governan, o doble raseiro, segundo se esté no Governo ou Oposición.

Tristemente é penoso que PSOE e BNG a interese polo Concello soamente lle surxa agora que están na Alcaldía, e que, durante dous anos e medio estiveran perjudicando ós sonenses da forma que o fixeron mediante os seus votos en contra a todo tipo de melloras que nós plantexábamos.

Con isto queda ben claro a hipocresía e desvergonza de quenes agora nos governan no Concello do Son.




SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios :: Orzamentos 2010

Publicar un comentario