!!Comenzan as OBRAS ELECTORALISTAS: PON e QUITA!!


TOMÉ CALIFICA DE “TOMADURA DE PELO” E “CHAPUZA” O PROXECTO DE SEGURIDADE VIAL DA CAPELA DE CAAMAÑO.

*A ACTUACIÓN ESTÁ FINANCIADA POLO 2º FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL 2010.

* ESTE PROXECTO VAI SUPOR DEIXAR SEN INSTALAR A REDE DE SANEAMENTO E APARCADOIROS ÓS VECIÑOS DO ENTORNO DA CAPELA.

Porto do Son, 18de Agosto de 2010

O Portavoz Sonense do Partido Popular Manuel Tomé Piñeiro, criticou o Proxecto de Seguridade Vial que se está a desenvolver na parroquia sonense de Caamaño, no lugar da Capilla, que fai honra ó pequeno inmoble relixioso ubicado no lugar.

Dende o PPdG sonense parécenos “increible” que na actuación a desenvolver en dito lugar, para asombro, máis se cabe, na realización da mesma, non se prevea a instalación da tubaxe de saneamento para ás casas que conforman o lugar anteriormente indicado.

Desgraciadamente, este tipo de graves deficiencias nas obras que o Grupo de Governo promove, non nos empeza a resultar estraño ás anomalías, xa que, cada día nos está demostrando, máis si se pode, a incompetencia deste Governo e máis concretamente a incapacidade e ineptitude da Concelleira de Obras e Servizos.

Paradoxicamente a Sra. Franco, veciña de dita parroquia, demostranos cada día a pouca interese, sensibilidade e calidade, das actuacións a desenvolver, sexan actuacións de futuro e non unicamente reclamos electorais .

Unha actuación deste calibre, onde se podería instalar aparcadoiros o igual que facer unha nova reubicación da Parada de bus co gallo de evitar que continue sendo un obstáculo na estrada AC-550 e dispor dun carril auxiliar anexo , que facilitaría a seguridade dos usuarios de dito colectivo, fai que os veciños do lugar queden privados de servizos que poderían perfectamente disfrutar dos mesmos.

A desidida deste governo do PSOE e BNG, é máis patente cada día, xa que nin tiveron a vontade de negociar, ou ,se chegado o caso, mercarlle ós veciños propietarios dos terreos lindantes a dita estrada autonómica, co gallo de facilitar o retranqueo das beirarrúas e así poder construir aparcadoiros próximos á Capela de Caamaño.

O asombro por parte do grupo municipal conservador, non para de abraiarnos ante a desidia e deixadez de obrigas que os menbros do governo socialista e nacionalistas teñen coma atribucións.

O que temos claro é que son “obras electoralistas” que logo haberá que demoler para poder instalar ás instalacións que non se preveeron en dita actuación.

No vindeiro Pleno Ordinario Mensual pediremos ás explicacións oportunas polas deficiencias que na execución de dita obra se pode observar.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios :: !!Comenzan as OBRAS ELECTORALISTAS: PON e QUITA!!

Publicar un comentario