!!QUE AS OBRAS SEXAN DE FUTURO E NON POR CUMPRIR!!


O PARTIDO POPULAR SONENSE RECLAMA A CREACIÓN DE APARCADOIROS NA OBRA DE SEGURIDADE VIAL DA COSTA DE MAÑUFES.

*O PROXECTO ESTÁ INCLUIDO NAS OBRAS DO 2º FONDO ESTATAL DO PLAN ZAPATERO.

*O TRAMO DE 900 METROS DE LONXITUDE SUPÓN UNHA INVERSIÓN DE 108.728,66€.

*OS ÚNICOS APARCADOIROS EXISTENTES NA PARROQUIA, FORON FEITOS POLO GOVERNO POPULAR DE MANUEL TOMÉ PIÑEIRO.


Porto do Son, 9 de Agosto de 2010

O Proxecto de Seguridade Vial que o Concello de Porto do Son incluiu na listaxe de obras do 2º Fondo Estatal, máis coñecido por FEESL, vai supor a creación de beirarrúas na marxe ezquerda da AC-550 en sentido Riveira e que se ubican na parroquia sonense de Queiruga.

Este proxecto de actuación vai supor que case toda a parroquia indicada, teña alomenos unha das súas marxes con beirarrúas, co que redunda na Seguridade Vial de tódolos usuarios das mesmas.

Dende o Partido Popular de Porto do Son, e a vista do comenzo das obras, podemos observar que desgraciadamente polos movementos de terra a executar pola empresa encargada da mesma, non se plantexan a habilitación de aparcadoiros que serían complementarios á seguridade vial en dito tramo ademáis de facilitarlle ós veciños propietarios un servizo complementario.

Temos que lembrar que a Parroquia de Queiruga é das que máis lonxitude de beirarrúas posúe pero desgraciadamente é a que menos zona de aparcadoiros posúe.

Durante o Governo socialista do Sr. Quintáns Vila, foron feitas ás primeiras beirarrúas pero que en ningunha delas se tivo a sensibilidade de facelas con vistas de futuro, habilitando aparcadoiros tan necesarios que a día de hoxe obrigan a que os vehículos teñen que estacionar enriba das beirarrúas existentes.



Igualmente debemos indicar que durante o Governo Popular de Manuel Tomé, realizáronse ós primeiros aparcadoiros na parroquia de Queiruga gracias a unha actuación de dotación de beirarrúas no lugar de Nadelas, que incluiu a habilitación dunha futura parada de autobús, sempre prevalecendo criterios de seguridade vial e futuro coma a canalización eléctrica nos aproximadamente seiscentos metros que contemplou dita actuación.

Por todo elo, dende o Partido Popular Sonense reclámase que por parte do Governo Municipal do PSOE e BNG, se negocie cos propietarios dos terreos afectados no ámbito de dita obra co gallo da cesión para dotar de aparcadoiros en todo o tramo da obra de aparcadoiros na mellora de conquerir unha maior seguridade tanto para peatóns coma conductores.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios :: !!QUE AS OBRAS SEXAN DE FUTURO E NON POR CUMPRIR!!

Publicar un comentario