! A XUNTA FAI REALIDADE OS COMPROMISOS CO NOSO CONCELLO!
O PARTIDO POPULAR SONENSE FELICITA A XUNTA DE GALICIA POR SEGUIR FACENDO INVERSIÓNS NO NOSO CONCELLO.
*O PECHE DO COLEXIO PÚBLICO DE PORTOSÍN XA ESTÁ SENDO UNHA REALIDADE.
*O DESBROCE DO CAUCE DO RÍO COIRA ERA UNHA VELLA DEMANDA DOS VECIÑOS DO LUGAR.
Porto do Son, 11 de Agosto de 2010
O Partido Popular Sonense segue coa súa laboura de reclamar máis inversións, servizos e dotacións para os veciños do noso Concello.
Nestas datas estivais, a Xunta de Galicia segue facendo realidade os compromisos que asume, froito da laboura feita durante o Governo Municipal Popular presidido por Manuel Tomé, onde o compromiso de arranxo dun novo peche do Colexio Público de Coira, estase a levar a cabo aproveitando o periodo estival na que as instalacións educativas se atopan baldeiras.
O compromiso adquirido o pasado Setembro 2009 por parte da Delegada Territorial de Educación coa Concelleira conservadora do ramo, María Jesús Paz, están sendo unha realidade palpable da que a actuación marcha a un ritmo axeitado co gallo de chegar a comenzos do novo curso escolar coa actuación rematada.
Igualmente debemos remarcar, que, froito das xestións do actual Portavoz Municipal, Manuel Tomé, ante a Consellería de Medio Ambiente, presidida polo Conselleiro Agustín Hernández, conseguiuse que a día de hoxe o desbroce do curso do leito do Río Coira que desemboca na praia que dá nome.
Vista a demanda dun grupo de veciños do lugar do que o Governo Municipal do PSOE e BNG fixo caso omiso ás mesmas, conseguiuse por parte do Portavoz consevador,que, dada a grande cantidade de maleza así coma alimañas no seu entorno, provocando unha inquietude social importante, se executasen ditas labouras.
Unha vez exposta dita demanda por parte dos veciños ó Portavoz Municipal Sonense do PPdG, xestionou ante a Consellería indicada, as labouras de limpeza e desbroce de dito cauce.
A rapidez con que a Administración Autonómica actuou, é digna de loubar, xa que en menos de dúas semáns, a Xunta de Galicia, enviou unha brigada para executar ditas labouras das que hoxe son perfectamente visibles e que os veciños respiran tranquilos ante a grande camtidade de alimañas que por alí andaban.
Estes feitos, de pequenas, pero importantes actuacións de cara ós nosos veciños, fan que loubemos a boa xestión en canto a ditas actuacións que o Governo de Nuñez Feijoo está a realizar no noso Concello.
O Governo da Xunta de Galicia segue impulsando pequenas actuacións que van a redundar na calidade de vida de tódolos sonenses.
Visto que o Bigoverno do PSOE e BNG de Porto do Son, non se preocupan do máis mínimo de xestionar ante os Organismos pertinentes ás actuacións necesarias e importantes, dende o PPdG Sonense seguiremos loitando por conquerir darlle resposta a tódalas demandas que os nosos veciños nos plantexen.
SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
miércoles, 11 de agosto de 2010
19:33
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios :: ! A XUNTA FAI REALIDADE OS COMPROMISOS CO NOSO CONCELLO!
Publicar un comentario