
NOMEADA A NOVA XUNTA XESTORA DO PARTIDO POPULAR SONENSE
O pasado Martes 24 de Agosto do 2010, celebrouse unha Reunión da Xestora do Partido Popular Sonense co gallo de estructurar o órgano xestor que leve as rendas locais do Partido Popular.
Hai que lembrar que a composición da Xestora Local conservadora foi nomeada polo órgano Provincial do Partido Popular, na que considerou, logo da súa opinión e consideración entre os afiliados, a Dna. Asunción Torres Parada coma Presidenta de dita Xestora.
No pasado mes de Maio 2010, o Responsables do máximo órgano Provincial do Partido Popular, presentaron oficialmente a dita concelleira acompañada do Portavoz Local Manuel Tomé Piñeiro ante os distintos representantes comarcais que integran o aparato do partido conservador na comarca da Barbanza.
Celebrada dita Xestora Local, na que se aprobou por unanimidade dos presentes, designar ó Concelleiro D. Carlos Santamaría Fariña coma Secretario da Xestora Local, así coma a Dna. Sara Paz Santamaría coma Tesoureira de dito ente.
Ámbolos representantes populares actualmente xa exercían cargos de representación dentro do organigrama Popular Local, non así, o Primeiro é Concelleiro do PP no Pleno da Corporación, mentres a Segunda é a Representante de Novas Xeracións no ámbito Local.
Con esta proposta presentada pola Presidenta da Xestora, séguese co proceso de renovación iniciado no 2007 co gallo de apostar pola xuventude para a revitalización dos distintos órganos representativos do Partido Popular Sonense.