IMOS DEMOSTRAR A VERDADE CON PAPELES E NON FALANDO!!

Dn. MANUEL TOMÉ PIÑEIRO, en calidade de Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son, presenta para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno Ordinario a seguinte Moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Visto que o Goberno Municipal do PSOE e BNG non parecen mostrar unha actitude de colaboración referente á Redacción do Proxecto de Remodelación do Borde Litoral Interior da Fachada Marítima do Casco da Vila, á vista das últimas declaracións efectuadas por parte do Sr. Alcalde, e contestadas por parte do Ente Público Portos de Galicia do compromiso de actuar e mellorar o entorno da fachada marítima(Voz de Galicia, 11 de xuño de 2010).

Comprometido por parte do Presidente de dito ente, e co gallo de que o proxecto a executar na rada portuaria sexa o máis realista ás necesidades que as distintas entidades que fan uso de dito ámbito, considérase prioritario que dita Entidade Autonómica sexa o ente canalizador das demandas presentadas polas entidades que así llo transmitiron nas súas diferentes reunións mantidas co Presidente de Portos de Galicia,que por certo, tamén a Asociación de Empresarios de Porto do Son lle transmitiu recentemente o seu punto de vista do que consideran que debe recoller dita proposta.

O pasado Xoves 3 do presente, e a raíz da solicitude transmitida previamente, por algúns ediles que forman parte do Pleno da Corporación, o Portavoz Municipal, Manuel Tomé Piñeiro, mantivo unha audiencia co Presidente do Ente Público anteriormente indicado, co gallo de conquerir a búsqueda dun impulso por parte de Portos de Galicia para que sexa o Organismo que modere e canalice ás propostas das distintas Entidades afectadas.


De esta forma, pedíuselle a Portos de Galicia que faga a invitación e convoque de forma voluntaria, a tódalas entidades implicadas, na que as súas demandas sexan recollidas e plasmadas nun Proxecto Integral de Actuación en dito ámbito.

O guante da proposta foi recollido polo propio Presidente de Portos, solicitando como premisa básica para a mesma, o respaldo do Pleno da Corporación o apoio a creación dunha Comisión de Traballo, co gallo de transmitir o compromiso do Pleno da Corporación de loita por este Proxecto de Remodelación.

Vista a solicitude de demanda por parte do Presidente de Portos de Galicia, e en prol do beneficio para o noso Concello de que o Pleno da Corporación respalde, apoie e mostre a súa unidade por tan demandada obra de interese para o Porto do Son.


Por todo elo anteriormente exposto,




SOLICITASE:


O respaldo do Pleno da Corporación do Excmo. Concello de Porto do Son, para a Constitución dunha Comisión de Traballo, dirixida e coordinada polo Ente Público Portos de Galicia co gallo da Redacción do Proxecto Integral de Remodelación da Fachada Portuaria do Casco da Vila.


Porto do Son, 14 de Xuño de 2010


Asdo.




Manuel Tomé Piñeiro
Voceiro Municipal do PPdG Pto. Do Son

0 comentarios :: IMOS DEMOSTRAR A VERDADE CON PAPELES E NON FALANDO!!

Publicar un comentario