!!O INCIVISMO DUNS SALVAXES!!


O PARTIDO POPULAR DENUNCIA O ROUBO E VANDALISMO NO ENTORNO DA CASA DE CULTURA DE RIVASIEIRA.

*A ACTUACIÓN DO ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DA CASA DE CULTURA FOI FINANCIADA A CARGO DO PRIMEIRO PLAN E EXECUTADA POLO GOVERNO DO PARTIDO POPULAR.

*O INCIVISMO E DESTROZOS NO MOBILIARIO PÚBLICO É CADA DÍA MÁIS FRECUENTE E POR ELO RECLÁMASE MAIOR VIXIANCIA.


Porto do Son, 20 de Xullo de 2010

Esta semán uns veciños da parroquia sonense de Rivasieira solicitáronlle ó Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular sonense, Manuel Tomé, que denunciase e tomasen nota dos graves perxuicios que a actuación duns “desaprensivos e incivilizados” fixeron nos muros que conforman o entorno da Casa de Cultura de Rivasieira, onde aparte de arrancar e roubar as lousas que protexen os muros de pedra graníticos tradicionais, non conformes con elo, intentaron derruir nunha parte o muro existente.

Este tipo de accións de roubos e destrozos no mobiliario público, está sendo cada vez máis frecuente, xa que casos coma o roubo das mesas e bancos de pedra no merendeiro da Ermita de San Benito de Seráns ou coma o roubo dunha parte do valado de madeira na Área Recreativa de Alboreda entre outros, fan que dende o Partido Popular sonense se pida que se intensifique, na medida das posibilidades, e se investigue o destino de dito mobiliario público roubado dos bens municipais.

A indignación por parte dos veciños da parroquia sonense de Rivasieira, foron amosados e explicados o pasado domingo ó Portavoz Municipal logo de asistir ós actos religiosos na igrexa parroquial a que dá nome dita parroquia.



Dende o Partido Popular Sonense vaise solicitar no vindeiro Pleno Ordinario Mensual do mes de Xullo, explicación das actuacións emprendidas polo Governo Municipal do PSOE e BNG co gallo de esclarecer este roubo e ás medidas que se pensan tomar ante esta vaga de atentados e roubos do mobiliario público.

O PPdG de Porto do Son vai a solicitar asi mesmo, dependendo das actuacións que o bigoverno haxa realizado, en presentar unha denuncia formal ante a autoridade competente co fin de intentar atallar esta vaga de roubos.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios :: !!O INCIVISMO DUNS SALVAXES!!

Publicar un comentario