O Governo do Talante Democrático e "do Pobo"

A CENSURA SISTEMÁTICA DA INFORMACIÓN Á OPOSICIÓN.

*O VOCEIRO MUNICIPAL SOLICITOU FAI UN MES A CONSULTA DO PROXECTO DO FUTURO TANATORIO MUNICIPAL.

*A APROBACIÓN INICIAL DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUCTURAS E INSTALACIÓNS SOAMENTE A COÑECE O PSOE E BNG.


Porto do Son,6 de Xullo de 2010

Todo o anunciado reiteradamente da Censura de Información a que o Goberno Bipartito do PSOE e BNG someten a Oposición, presenta hoxe un novo exemplo de oscurantismo e intereses que o goberno evita informar, comunicar ou mostrar ós distintos grupos políticos que formamos parte da oposición no Pleno da Corporación.

Dende o PPdG de Pto. Do Son fixemos unha Solicitude de Consulta do Proxecto redactado por Consultora Galega S.L. o pasado 3 de Xuño de 2010 (Nº Rxstro. Entrada 3507) e desgraciadamente a día de hoxe non temos notificación nin comunicación de ningún tipo referente a dita petición.

A nosa sorpresa foi que a día de hoxe, xa que a entrega das Actas de Xunta de Goberno coma de Plenos, estánse dilatando con presunta premeditación e alevosía por parte do Goberno do PSOE e BNG ós restantes partidos, fan que o Partido Popular de Pto. Do Son teña o coñecemento da Aprobación Inicial e Exposición Pública do periodo de Alegacións, a traveso da publicación nos medios de comunicación de maior tirada.

Loxicamente, a nosa indignación é cada día maior visto que non se conta para nada cos partidos da oposición representados no Pleno da Corporación para opinar sobre o Plan de Dotacións de Infraestructuras que se vai a incorporar ó futuro PXOM.

Temos claro que se nos está negando toda posibilidade de coñecemento de información e documentación por parte do goberno do PSOE e BNG, sendo ésta unha mostra máis de dito feito.


Está claro que o “Silencio” e a “Falta a verdade” son ás bandeiras deste bigoberno, xa que presuntamente tiveron traslado do Avance do Borrador do futuro PXOM o pasado mes de Marzo de 2010 do que unicamente teñen Copia da mesma os dous grupos de goberno, PSOE e BNG.

O Alcalde Xoan Pastor Rodriguez, negou públicamente que ó Concello chegase ningún tipo de documento referente ó futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal, algo do que está mentindo públicamente, algo que o igual que a Tenente Alcalde, a Sra.Franco, nos teñen acostumado.

Esperemos que coma ós demáis veciños, teñamos oportunidade de consultar dito Proxecto, algo que non nos sorprendería nada que se nos puxesen impedimentos.

Esta forma de actuar reiterada, puxémola en coñecemento do Valedor do Pobo na que imos a cumplimentala con esta nova denuncia formal.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios :: O Governo do Talante Democrático e "do Pobo"

Publicar un comentario