O PAGO DE FAVORES URBANÍSTICOS DO SR. QUINTÁNS


TOMÉ ACUSA DE “PAGO DE FAVORES URBANÍSTICOS” O GOBERNO DO PSOE E BNG NO PLAN DE ORDENACIÓN DE LITORAL.

*O PARTIDO POPULAR SONENSE TIVO QUE PEDIR AS ALEGACCIÓNS DO PLAN DE ORDENACIÓN DE LITORAL Á XUNTA XA QUE O CONCELLO NON INFORMOU Á OPOSICIÓN.

*EXISTEN MÁIS UNIDADES DE ACTUACIÓN NO CONCELLO QUE SE ATOPAN NA MESMA SITUACIÓN.

Porto do Son, 15 de Xullo de 2010


O Portavoz Municipal do PPdG de Porto do Son, Manuel Tomé acusou o goberno de Xoan Pastor Rodriguez de seguir coa “política de favores urbanísticos” que iniciou o goberno do socialista do Sr. Quintáns Vila e que agora coa volta o sillón da Alcaldía e os parabens do BNG, volta a funcionar o sistema de “favores e intereses urbanísticos” que o anterior rexedor socialista non lle deu tempo a finalizar.

Vimos denunciado de forma sistemática a censura de información e o silencio coma bandeira no que se basea este bigoverno de “talante democrático e capacidade de diálogo coa oposición” coma anuncio no Pleno da Moción de Censura o actual Alcalde.

Un tema de tanto interese xeral para o noso Concello coma é o futuro Plan de Ordenación de Litoral no que o Concello de Porto do Son ten unha grande incidencia, o sermos un dos Concellos da costa galega con máis kilómetros de costa, fai que o seu estudo e ordenación, sexa dun grande interese para os sonenses, xa que vai a definir a estructuración costeira de forma definitiva.

Hai que recordar que o Governo do PSOE e BNG, nos oito meses que leva o fronte do sillón da alcaldía, unicamente tivo a “decencia” e a “importancia” de convocar ós Portavoces da Oposición representados no Pleno da Corporación a unha única reunión para tratar probablemente, sen infravalorar, sobre o bautismo das rúas do casco da Vila e Portosín.

Visto que non se nos informou en ningún intre das Alegacións que o Governo Municipal do PSOE e BNG fixeron o Borrador do Plan de Ordenación de Litoral, dende o PPdG de Pto. Do Son, vémonos na obriga e necesidade de recurrir a solicitarlle á Dirección Xeral competente, a información e documentación da que temos dereito a coñecer.

Acadada dita información, a nosa sorpresa é Maiúscula o comprobarmos que xunto a ditas alegaccións, acompáñase unha solicitude dunha determinada Promotora Inmobiliaria que está desenvolvendo actuacións urbanísticas dentro do noso Concello e que estiveron e están rodeadas de polémica.

O que temos claro que dende o PPdG de Porto do Son non entendemos como unha empresa de ámbito privado, unha Inmobiliaria neste caso, poida ir avalada e xustificada por unha Administración Pública e, máis si cabe, a qué intereses obedece este apoio administrativo cando existen outras Unidades de Actuación que se encontran na mesma situación administrativa e urbanística e pola contra non se lle “facilitou” o apoio do ente local.

Está claro que este tipo de estratexia obedece o apoio de presuntos “pagos de favores” que o Governo Socialista do Sr. Quintáns Vila, que aínda siga coma un Concelleiro máis do goberno, na realidade é quen organiza, dirixe, planifica e aproba tódolas actuacións que o Governo Bipartito do PSOE e BNG xestionan, sempre co beneplácito dos Nacionalistas comandados pola Sra. Franco.

Dende o PPdG sonense, imos seguir traballando para que a veciñanza sonense sepa e coñeza o que “se coce” dentro da Casa do Concello a pesares de pornos tódolos atrancos posibles para que descoñezamos a información e xestións que este Bigoverno intenta facer do “urbanismo sonense” entre outras cousas.


SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios :: O PAGO DE FAVORES URBANÍSTICOS DO SR. QUINTÁNS

Publicar un comentario