OS POPULARES SONENSES CRITICAN A “DEMAGOXIA POLÍTICA”QUE A SRA. FRANCO FAI DOS VERQUIDOS DE SANEAMENTO.

*O VERQUIDO NA FACHADA MARÍTIMA DE PORTOSIN É A ÚLTIMA DUNHA LARGA LISTA DE ACCIDENTES.

* A INCAPACIDADE DO BIGOVERNO DE DAR SOLUCIÓN OS PROBLEMAS, CADA DÍA É MÁIS PATENTE.


Porto do Son, 21de Xullo de 2010


A Concelleira do Partido Popular María Jesús Paz Santamaría, saiu o paso das declaracións efectuadas pola Tenente de Alcalde e Portavoz do Governo Municipal do PSOE e BNG, a nacionalista Ánxela Franco referente ás declaracións efectuadas a diversos medios de comunicación polos contínuos problemas existentes na rede de saneamento do noso Concello.

Está claro que a Sra. Franco, unha vez máis e non sendo novedoso, cando xorde un problema en calquera punto deste Concello, o Governo do Sr. Pastor Rdguez. e a Sra. Franco, sistemáticamente culpabilizan o Partido Popular sonense dos problemas que aparecen. Esta “obsesión psicolóxica” de que todos os males os provocou o PP, dá a sensación de que os conservadores levamos governando este Concello “toda a vida”, máxime, cando só nos deixaron dous anos e medio para facelo.

Esta actitude de culpabilizar ós conservadores sonenses, denota a impotencia e a incapacidade sistemática do equipo de governo do PSOE e BNG de dar solución ós problemas habituais que xorden na xestión municipal.

O último exemplo témolo nas declaracións efectuadas pola Sra. Franco respecto a problemática dos verquidos de saneamento en Portosín.

Hai que lembrar que este problema non é novo, xa que durante o Governo do Sr. Quintáns foron frecuentes e habituais que houbese verquidos na Fachada Marítima de Portosín entre outros lugares e que, desgraciadamente a día de hoxe non se lle puido dar solución ós mesmos.

Recordarlle a Tenente Alcaldesa, que, cando esta obra se executou, o PP non governaba en Porto do Son, e , cando chegamos ó Governo Municipal, atopámonos co mesmo problema, intentando, na medida e na capacidade posible, de darlle unha solución.

Segundo afirma a Sra. Franco, que as obras non se adaptan á normativa vixente de equidistancia entre os pozos de rexistro necesarios, debería pedirlle ás explicacións oportunas a quen governaba nese intre o noso Concello, máxime sendo o seu “compañeiro de governo”, o Sr. Quintáns Vila.
A Sra. Paz Santamaría quixera pedirlle ós veciños que, cando voten, voten en conciencia, e cando o fagan, que pensen simplemente en quén se dedica a afrontar os problemas de fronte intentando darlle solución, e que, cando xorden os problemas, o obxetivo non debe ser buscar culpables co gallo de cubrirse ás costas e non asumir a mesma.

Dende o PPdG de Porto do Son, temos claro, por suposto, que os problemas de verquidos hai que darlle unha solución o máis rápido posible, pero tamén temos moi claro que non somos os culpables de actuacións que non executamos.



SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON

0 comentarios ::

Publicar un comentario