TÉCNICOS DA XUNTA DE GALICIA DESMONTAN AS “MENTIRAS” ANUNCIADAS POR XOAN PASTOR RODRIGUEZ DA OBRA DE XUÑO.
*O PARTIDO POPULAR SONENSE RESPONSABILIZA DIRECTAMENTE A PASTOR RODRIGUEZ DE CREAR UN CLIMA DE INSEGURIDADE POR ESTA ACTUACIÓN.
*O ALCALDE NON TIVO A DIGNIDADE DE ACOMPAÑAR E IR DEFENDER ÓS INTERESES DOS SEUS VECIÑOS NA REUNIÓN TÉCNICA.
Porto do Son, 9 de Xullo de 2010
A Reunión mantida o pasado Xoves 8 do presente por parte de dous técnicos designados pola Xunta de Galicia cos veciños afectados pola execución da Obra de Seguridade Vial no lugar de Carballido, acadou un consenso e boas interpretacións co gallo de aclarar as tersiverxadas noticias que proclamou o Governo Municipal do PSOE e BNG ós veciños da parroquia de Xuño.
Hai que lembrar, que o Governo de Pastor Rodriguez estivo anunciando públicamente que esa obra era innecesaria e a súa execución provocaría unhas grandes afeccións que serían excesivas.
Incluso se anunciou por parte do Rexidor e a Tenente Alcalde o seu rexeitamento público á execución de dita obra no Pleno da Corporación.
A política de crispación social e a falta sistemática á realidade dos feitos, fan que, agora, deban explicarlle ós veciños afectados, logo de coñecer estos últimos de forma exhaustiva e personalizada, as incongruentes e malintencionados anuncios de demolición de muros, hórreos,..que en ningún momento dende o PPdG de Porto do Son, afirmamos o que onte corroboraron os técnicos de que non se demolía o que afirmaba o rexidor local.
Tamén, debemos indicar, que durante o Governo do Partido Popular, presidido por Manuel Tomé, conseguiuse unha actuación de douscentos mil euros, financiados por Augas de Galicia, para executar a rede de separativas e abastecemento en dito tramo.
O Proxecto de Seguridade Vial que se plantexa executar en dito tramo por parte da Dirección Xeral de Infraestructuras, é COMPLEMENTARIO ó realizado no seu momento o do ente público Augas de Galicia.
Segundo manifestacións públicas do Alcalde, Xoán Pastor Rodriguez, anunciaba que a cuantía anteriormente executada por Augas de Galicia en dita zona, debería ser levantada de novo, algo que quedou perfectamente explicado e desmontada dita mentira do Rexidor Local.
Dende o PPdG de Porto do Son, queremos agradecer á Consellería de Política Territorial, Medioambiente e Infraestructuras, a sensibilidade e interese amosada co gallo de explicarlle pormenorizadamente a tódolos veciños o Proxector de Mellora de Seguridade Vial na AC-550 ó seu paso pola parroquia sonense.
SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON
A Mostra da Política de Feitos de Xoán Pastor
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
viernes, 9 de julio de 2010
18:49
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios :: A Mostra da Política de Feitos de Xoán Pastor
Publicar un comentario