E...FINALMENTE VIUSE A REALIDADE DA INTERESE
PSOE E BNG REXEITAN A COMISIÓN DE TRABALLO DA FACHADA MARÍTIMA.
*O PARTIDO POPULAR SONENSE VOLTOU A PRESENTAR POR VIA DE URXENCIA A MOCIÓN QUE O ALCALDE INADMITEU PARA O SEU DEBATE.
*QUINTÁNS INSULTA A UN REPORTEIRO GRÁFICO DA PRENSA QUE FACIA A SÚA LABOURA.
Porto do Son, 2 de Agosto de 2010
O Pleno Ordinario mensual do pasado Venres 30 de Xullo de 2010, serviu para demostrar públicamente a realidade que o governo do PSOE e BNG fai do Proxecto de Remodelación da Fachada Marítima do Casco da Vila.
Coma é ben sabido, dende o PPdG Pto. Do Son foi a Segunda vez que presentan a Moción de Constitución do Grupo de Traballo para introducir as futuras melloras que as entidades que utilizan dito ámbito necesitan e demandan.
Está claro que quedou ben demostrado no Pleno o posicionamento de rexeitamento por parte do PSOE e BNG para a formación da Comisión de Traballo.
Na Orde do día do Pleno indicado, constaba incluida a Moción do PP para o seu debate. Unha vez chegado o punto, o Alcalde de forma unilateral decidiu retirar da Orde do Día a Moción alegando que non se dictaminara previamente na Comisión Informativa correspondente.
O Portavoz conservador, Manuel Tomé, pediu aclaración por tal actuación e xustificación, máxime cando a hora que por Ley plenaria debía ser ás 20 horas dita Comisión, e sin ningunha xustificación se adiantou ás 19 horas do Venres inmediatamente anterior ó Pleno.
Asdeclaracións realizadas en diversos medios de comunicación polo Presidente de Portos de Galicia, corroborando o compromiso de aumentar a inversión así como da constitución na primeira quincena de setembro da Comisión de Traballo, desmontaron toda a “marañada de mentiras” que así quedou demostrado públicamente.
Visto que o Alcalde decidiu, por segunda vez consecutiva non debatir dita Moción, o PP sonense, presentouna Vía Urxencia que foi rexeitada polo Governo Bipartito e sí apoiada por parte de todolos Grupos que conforman a Oposición do Pleno da Corporación (AVS e IPS con PP).
Está claro que todo o que viñemos anunciando repetitivamente que a este bigoverno non lles importaba en absoluto o tema da inversión e o proxecto da Fachada Marítima, quedou perfectamente demostrado en dito Pleno.
Manuel Tomé Piñeiro explicou que o respaldo de dita Moción por parte do Pleno da Corporación, foi un compromiso solicitado polo Presidente de Portos de Galicia, Dn José Manuel Álvarez Campana-Gallo para ver a implicación e compromiso da Corporación por este ansiado proxecto que os conservadores sonenses deron traslado via Moción no Pleno da Corporación.
Está demostrado unha vez máis o que realmente este governo busca é cobrar os soldos a fin de mes e que as obras e actuacións vitais para o noso Concello, queden para outro intre.
A indignación de Manuel Tomé aumentou de intensidade vista a actitude do Sr. Quintáns Vila dirixindo e ordenando no Pleno a votación, o levantar o pleno, as descalificacións ó fotógrafo de un medio de prensa escrita,…etc. O máis triste de todo é que o resto do Governo nin abriu boca, nin foi reprendido nin avisado polo “Alcalde” si eso se considera. Está claro que “o raposo perde ás forzas pero non perde as mañas” e quere seguir sendo o “gallo do corral”.
Tristemente a imaxe e actitude que os Concelleiros do PSOE mostran é lamentable e,aínda peor, co beneplácito do silencio do BNG, que son tanto ou máis responsables da imaxe ofrecida o pasado Venres.
Dende o PP xa adiantamos que, “apoien ou non, a Comisión de Traballo vaise formar” porque os compromisos que o Presidente de Portos anunciou, vanse cumplir.
O máis grave de todo, parécenos a falta de respecto mostrada por o ex Alcalde Quintáns Vila hacia os representantes dos medios de comunicación autorizados que realizaban a súa laboura profesional, parécenos “patético” que o Sr. Pastor non teña autoridade moral nin valor de “pararlle os pes” o Concelleiro de Cultura que non tivo nin a dignidade de desculparse públicamente pola súa actuación.
SAÚDOS
GABINETE COMUNICACIÓN PPdG Pto. DO SON
Publicado por
Partido Popular de Porto do Son
lunes, 2 de agosto de 2010
18:50
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¡O MUNDO ESTÁ TOLO! RESULTA QUE AGORA A CULPA DE QUE A FUXIDA DA INVERSIÓN DA REMODELACION DA FACHADA MARITIMA É DO SR.QUINTANS. ASÍ QUE A LICITACION E ADJUDICACIÓN DO SR,JACINTO PARGA, ANTERIOR CONSELLEIRO DE PORTOS, QUE HEREDOU O SR.TOME E QUE NON SOUPO XESTIONAR, AGORA O "GABINETE DE COMUNICACIÓN DO PP DO SON", TEN A VERGOÑA DE BOTAR A CULPA A COALICIÓN DE GOBERNO ACTUAL (P.S.O.E E B.N.G), CANDO HASTA ELES MESMOS SABEN QUE FOI UNHA DECISIÓN UNILATERAL DO SR.TOMÉ E NA QUE O UNICO QUE SE PERJUDICOU FORON OS VECIÑOS/AS DE PORTO DO SON. ¡DEIXADE DE MENTIR CARALLO!
Anónimo
4 de septiembre de 2010, 9:31