Búsqueda da Crispación Social do Goberno do PSOE e BNG

O PARTIDO POPULAR SONENSE XESTIONA A VISITA DUN TÉCNICO DA XUNTA PARA EXPLICAR ÓS AFECTADOS O PROXECTO DE SEGURIDADE VIAL NA PARROQUIA DE XUÑO.
*A SOLICITUDE FOI REALIZADA POR UNS VECIÑOS AFECTADOS QUE SE DIRIXIRON O PORTAVOZ MUNICIPAL SONENSE.

*OUTRA MOSTRA MÁIS DA INCAPACIDADE DE XESTIÓN DO GOBERNO BIPARTITO MUNICIPAL DO PSOE E BNG.

Porto do Son, 1 de Xullo de 2010

O Proxecto de Seguridade Vial que a Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia licitou para a súa execución, está creando unha incongruente polémica alentada polo Alcalde sonense Xoan Pastor Rodriguez respecto a súa idoneidade técnica para dito tramo.

Hai que recordar que a Asociación de Veciños da Parroquia de Xuño “Sartaxas” tivo ó seu dispor dende o primeiro momento, da documentación do Proxecto a executar en dito vial autonómico.
Incluso, dende as filas conservadoras locais, ante a petición de explicacións da mesma referente a dito proxecto por parte dos rexidores de dita Asociación, o PP sonense, facilitóulles o encontro con técnicos do Ente Autonómico para explicarlles máis pormenorizadamente dita actuación.

Esta actuación está englobada dentro do Plan Move de Eliminación de Puntos Negros dentro dos Viais de xurisdicción Autonómica que contempla unha inversión preto dos novecentos mil euros nun tramo de novecentos metros de longo na AC-550. Este Proxecto que parte do ano 2006, foi impulsado polo Governo de Nuñez Feijoo coma Estratexia Autonómica para a Reducción de Puntos Negros dentro da Rede de Viais .

Visto o rexeitamento mostrado polo Goberno do PSOE e BNG local, a que este Proxecto vexa a luz, cunha actitude impropia dun goberno democrático, alentando a crispación social e o descoñecemento integral do que se vai executar, e, máis se cabe, sen buscar unha solución o problema.
Visto que Tres Veciños afectados puxéronse en contacto co Portavoz Municipal do PPdG Pto. Do Son, para que lles facilite unha explicación técnica máis exhaustiva do Proxecto, o Portavoz Manuel Tomé fixo ás xestións oportunas ante o Conselleiro do ramo implicado, conseguindo poñer a disposición dos Veciños os medios técnicos necesarios para a mesma.

As xestións feitas por parte de Manuel Tomé, van a facilitar que na vindeira semán, un Técnico designado pola Xunta de Galicia, mantendrá unha Reunión cos afectados de dito tramo co gallo de explicarlles o máis pormenorizadamente a actuación a desenvolver.
Por elo, dende o PP de Porto do Son queremos manifestar o agradecemento das facilidades e disposición dadas pola Conselleria de Política Territorial, co gallo de darlle a mellor explicación técnica ós veciños afectados e despexarlle ás incongruentes e irracionais explicacións dadas polo Goberno Municipal do PSOE e BNG.

Saúdos
Gabinete de Prensa do PPdG de Pto. Do Son

1 comentarios :: Búsqueda da Crispación Social do Goberno do PSOE e BNG

  1. AVISO
    Dende o PPdG de Porto do Son, queremos informar que gracias ás xestíóns indicadas na Nota de Prensa, o vindeiro Xoves 8 de Xullo de 2010, vaise realizar a Reunión cos Técnicos da Xunta de Galicia que se vai desenvolver no Local da Asociación de Veciños "Sartaxas" de Xuño a partires das 19:00Horas.Dada a importancia da mesma, comunícase a todas ás persoas que se consideren afectad@s, poidan asistir.

Publicar un comentario