!!NON NOS VAN A CALAR!!!


A Dictadura de Pastor Primo de Rivera e Anxela Franco

*O PPdG denuncia que o trato que reciben nos Plenos é totalmente discriminatorio


Dende que Xoán Pastor usurpou a Alcaldía do Son, son moitos os casos que deixan patente que o tipo de política que practica é o máis parecido a unha dictadura.

Nada máis chegar, implantou un sistema de control nas intervencións plenarias que consistía en limitalas a 2 turnos por cada grupo político sen capacidade de seguir debatendo. Ningún Alcalde recortou nunca o dereito a que os Portavoces debatiran sobre un Punto o tempo que considerasen necesario. ( Manuel Tomé foi totalmente permisivo con este asunto, e sempre permitiu que a Oposición puidera libremente expresar as súas opinións ó respecto dos temas que se debatían.Nunca se lle pasou pola cabeza plantexar un recorte nos turnos de intervención mentras era Alcalde, pero estomos seguros que, de facelo, sería acusado polo PSOE e BNG de falto de democracia.)
Foi xustamente iste bipartito, quen implantou este recorte nada máis sentarse no sillón da Alcaldía, presupoñen que os demais imos baixar a cabeza e aceptar dita medida sen rechistar. Pois non, cando menos, dende o PP de Porto do Son, imos facer públicas todos aqueles impedimentos e falla de liberdade para poder exercer democraticamente o noso dereito de opinar sobre os temas a debatir.

Temos que recordar que Xoán Pastor leva presidido como Alcalde os últimos Sete Plenos, dos que en Dous Plenos nos que despóticamente expulsa ós membros do Partido Popular do Salón de Plenos.

A Segunda expulsión ocurriu neste pasado Pleno Ordinario Mensual do Venres 26 de Xuño de 2010, produciuse cando un dos nosos concelleiros, José Martínez Calvo ( o Concelleiro de maior idade da Corporación ) quixo intervir para defenderse das alusións que o Alcalde fixera á Memoria Histórica e ó feito de que García Lorca fora asasinado por franquistas.

As palabras de Martínez dirixíndose a Pastor foron: " Eu son do PP, e do mesmo modo que eu respeto a vosa ideoloxía política, pido que respetedes a miña. Porque eu son do PP, pero non son ningún franquista".
Neste intre interrúmpeo o Alcalde contestándolle: "Vostede non sei si é pola idade, que xa non oe, ou que, pero eu non lle chamei franquista". Ante isto, Tomé sae á defensa do seu compañeiro replicándolle a Xoán Pastor: "Iso si que é unha verdadeira falta de respeto, vostede é un sinvergonza, insultar a unha persoa maior".

Acto seguido e de maneira totalmente autoritaria e despótica o Alcalde expulsa da sala a Manuel Tomé, coas protestas da Concelleira Asun Torres, quen lle reprocha ó rexidor o motivo polo que o expulsa sen haberlle dado ningunha amonestación previa. A resposta do Alcalde é expulsar tamén a Torres, quen abandoa o Salón de Plenos indignada e dirixíndose a Xoan Pastor reprochándolle a política que está a practicar é totalmente dictatorial e que se están a censurar tódolos seus dereitos como grupo político: " !!Isto é peor que unha Dictadura!!" foron as verbas que repetía unha e outra vez mentras abandoaba a Sala.

Dende o PP de Porto do Son queremos así denunciar o Abuso de Poder que fai o Alcalde nas sesións plenarias, expulsándonos polo mero feito de DEFENDERNOS dos seus insultos ou das impertinencias dalgún dos seus compañeiros de goberno. Queremos facer pública a indignación do PP ante o trato discriminatorio que se nos está dando por parte dos actuais gobernantes.
Os comportamentos do Alcalde deixan ben claro que utiliza Dúas varas de medir, unha para eles ( permitindo que os seus compañeiros falen as veces que queiran e do que queiran sen chamalos ó orden nin expulsalos) e outra para nós ( onde á mínima e polo simple feito de defendernos, nos expulsa).

1 comentarios :: !!NON NOS VAN A CALAR!!!

  1. Parece que para algúns só houbo represión e asasinatos no bando franquista i esquecen pola conta que-lles ten, que os republicanos non foron precisamente uns santos e tamén aplicaron a mesma táctica ata que perderon a guerra.
    O que ninguén entende foi a táctica que xa na Democracia, aplicaron os GAL e altos cargos do goberno socialista.
    Por iso debe quedar ben claro que nin toda xente do PP foi o é franquista, nin toda xente do PSOE tivo algo que ver co GAL. ¿Entenderan isto algúns?

Publicar un comentario